Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Museo de Corme acollerá o domingo 30 un espectáculo teatral baseado na igualdade de xénero da man de Teatro dos Ghazafelhos

?Iriña Bailarina? é o título desta novidosa proposta que a Concellería de Turismo achegará ao público infantil e familiar, totalmente de balde, a partir das 18 horas

A Concellaría de Turismo, que dirixe Susana Toja Blanco, achegaranos esta fin de semana un divertidísimo espectáculo teatral dirixido ao público infantil e familiar que vén a sumarse á programación de Nadal elaborada polo Concello de Ponteceso. Nesta ocasión, ademais de risas e diversión, a compañía Teatro dos Ghazafelhos propoñeranos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles e os estereotipos sociais da man de ?Iriña Bailarina?, unha novidosa proposta baseada no conto de Cristina Justo e Paloma Rodriguez, pertencente á colección ?A igualdade conta? da editorial Embora.

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e o desexo de xogar sen límites para medrar sen medidas será o fío condutor desta obra, de 50 minutos de duración, que se representará o domingo 30 a partir das 18 horas no Museo de Corme, baixo a dirección de Pepablo Patiño e no que participarán actores tan recoñecidos como Montse Piñón e Jorge Casas.

Desde o departamento de Turismo convidamos a toda a cidadanía a participar neste espectáculo co que pretendemos, ademais de entreter, amosar a necesidade de romper cos roles convencionais para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. Axúdasnos?

Concello de Ponteceso