Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O alcalde e a concelleira de Medios Produtivos presentaron unha detallada relación de propostas e solicitudes de investimentos

O alcalde, Lois García Carballido, e a concelleira de Medios Produtivos, Susana Toja, reuníronse coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, que estivo acompañada pola secretaria xeral técnica da consellería, María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade, para facerlle chegar unha ampla relación de peticións e propostas que detallamos de seguido.

O CONCELLO PROPÓN APLICAR A IDEA DOS VIVEIROS DE EMPRESAS Á ZONA PORTUARIA DE CORME PARA A CREACIÓN DE EMPREGO
Na reunión, dunha hora de duración e nun clima de entendemento, o Concello propuxo á Conselleira un plan autonómico, vía convenio co Concello, para a creación de viveiros de empresas relacionadas co sector do mar, no porto de Corme e a súa zona de influencia.

?Hai uns tubos dun antigo polígono de bateas que levan un ano abandoados no porto, está claro que se queremos temos espazo para facer algunha nave e promover o aluguer a prezo simbólico durante tres anos para favorecer a creación de empresas e a creación de emprego en Corme", insistiu o alcalde, engadindo que ?este modelo está funcionando en Industria, por que non o aplicamos ao mar, se vemos que os empregos e a demografía vai a menos??

O alcalde reflexionou coa conselleira sobre o feito de que non se están aproveitando as axudas dos GALP, en xeral, para atraer empresas e crear emprego, por iso crear viveiros é a clave.

A CONSELLEIRA COMPROMETIUSE A ABOAR O 100% DO CUSTE DUNHA NOVA GRÚA PARA O PORTO DE CORME DENTRO DAS AXUDAS PARA INFRAESTRUTURAS
Á parte da creación de emprego en Corme, a necesidade de melloras en investimento e mantemento do porto de Corme ocuparon boa parte da entrevista. Quintana comprometiuse a aboar o 100% do custe da nova grúa dentro dunha liña de axudas de equipamentos que van saír a primeiros de ano, aínda que asegurou que é a Confraría quen ten que pedir orzamentos, no seu caso pedir un crédito, e adquirila. As axudas non cubren os custes do financiamento.

A conselleira tomou nota tamén das queixas sobre o mantemento do porto. Susana Toja detallou varias incidencias nos pantaláns, na iluminación e nas cámaras de seguridade.

O GOBERNO LOCAL INFORMOU Á CONFRARÍA DOS RESULTADOS DA ENTREVISTA
O pasado sábado, alcalde e concelleira mantiveron unha reunión dunha hora e media de duración co padroado da Confraría de Corme, que preside Roberto Vidal, para recoller as demandas do sector e ver como se pode axudar dende o Concello, ademais de darlle impulso á Festa do Percebe de Roncudo. O Concello informou tamén á confraría dos resultados da entrevista coa conselleira do Mar.

AS MELLORAS NO PORTO, Á ESPERA DA VISITA DE DURÁN, OCUPARON BOA PARTE DA ENTREVISTA
Na entrevista saíu a relucir a próxima visita do presidente de portos, José Luan Durán, a Corme, para comprobar in situ as necesidades de mellora. O Concello lembrou que a ría quedou chea de restos do polígono de bateas no fondo. Dentro das melloras que se lle van plantear a Durán vai figurar unha solución ás antigas estruturas do carro varadeiro, mellora de mantemento no porto, solución ó problema da boia verde que se está movendo continuamente, as galgas están moi xuntas, hai que revisalas; cando hai vendaval as estachas que puxeron para fondear os barcos, sobre todo de ribeira, veñen para arriba; hai erros básicos como a necesidade de recortar e limar os tornillos que sobresaen danando as proteccións dos barcos que se arriman aos peiraos...

A CONCELLEIRA DE CORME INTERESOUSE POLAS SANCIÓNS AOS PERCEBEIROS DE A FLOTE E POLO RISCO QUE POIDAN SUFRIR AO OBRIGALOS A FAENAR DENDE A LANCHA CON MAL TEMPO
Susana Toja abordou o problema das sancións aos percebeiros a flote, e o perigo de que teñan que saltar da lancha e nadar con mal tempo, sobre todo traballadores xa de idade avanzada, e pediu que se atendan as alegacións dos percebeiros de a flote multados. A conselleira defendeu o sistema para non prexudicar aos permex e os percebeiros a pé, e puxo a Camelle como exemplo de xestión de ambos modelos.

O ALCALDE PEDIULLE Á CONSELLEIRA SOLUCIÓN PARA OS MARIÑEIROS QUE ESGOTARON AS COTAS DE XARDA
Á parte dos mariñeiros e mariscadores e mariscadoras de Corme, o Alcalde comunicou a Rosa Quintana que hai veciños do noso concello empregados noutros portos, coma Malpica, que non teñen cota e están en terra. Quintana asegurou que o Ministerio de Pesca ten que repartir as cotas sobrantes doutros barcos que non as esgotaron, entre os barcos que si a esgotaron.

Concello de Ponteceso