Esta nova actividade familiar celebrarase o venres 30, a partir das 18.00 horas, na Biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal de Ponteceso acollerá o vindeiro venres 30 un novo espectáculo teatral protagonizado por Tero Rodríguez, de Os Quinquilláns. Nesta ocasión, a Área de Biblioteca, que dirixe Carlos Penedo Casmartiño, achegaranos unha orixinal adaptación do libro
O legado sonoro de Jacinta Landa Vaz, no que autores coma José Luís do Pico Orjais, Domingos Morais e Pilar Barrios recollen un dos nosos tesouros mellor gardados: a tradición oral. A partir das
18:00 horas, nenos/as e maiores poderán coñecer parte da nosa historia a través dunha respresentación amena e divertida que pon en valor a riqueza dos nosos costumes.
Jacinta era unha muller intelixente que vivía nunha casa feliz. Traballaba de mestra nunha escola na que se aprendía xogando e se xogaba aprendendo. Tiña todo o que quería: unha casa, unha familia, moitas amigas, un traballo... Pero chegou a guerra e quitáronllo todo... ou case todo. Tivo que fuxir para moi lonxe, mais conseguiu levar escondido un tesouro segredo que moitos anos despois puido entregar ás súas netas.
O tesouro da avoa.