A partir de mañá, a empresa Collecting Oil entregará botes de 10 litros de capacidade ás familias interesadas para que poidan almacenar o aceite ata a data de recollida
O Concello de Ponteceso dá un paso máis na súa política medioambiental coa implantación dun
servizo de recollida de aceites de cociña que vai dirixido a particulares e que se realizará porta a porta.
Segundo informou o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Pose Verdes, a partir de mañá a empresa Collecting Oil iniciará un percorrido polas vivendas do concello para entregar un
bote de 10 litros de capacidade ás persoas interesadas. Nese recipiente poderán almacenar o aceite ata a data de recollida, que se indicará sempre na tapa do recipiente.
Funcionamento do servizoO funcionamento do servizo será moi sinxelo. As familias terán os botes nos seus domicilios e irán introducindo neles o aceite de cociña usado ou tamén o das latas de conservas. O día da recollida deberán deixar o recipiente nun lugar accesible para que
o persoal da empresa, que irá debidamente uniformado, tal como se ve na imaxe, e en vehículos rotulados, poida realizar a recollida e volver a deixar o bote baleiro.
Que se fai con ese aceite? Collecting Oil, empresa autorizada para a xestión deste residuo, transportarao á súa planta de valorización, situada en Carballo, para tratalo e reutilizalo para a produción de biodiésel.
Con este sistema pretendemos evitar que un dos produtos máis contaminantes que se tira polos desaugues non acabe en sumidoiros, ríos e mares, ao tempo que se contribúe á creación de emprego na nosa contorna.