O prazo de inscrición estará aberto do 29 de outubro ao 2 de novembro. Hai 15 prazas!
Desde a Concellería de Servizos Sociais que dirixe Isabel Vuelta González poñemos en marcha unha nova acción formativa para incrementar a oferta lúdica da poboación, mellorar a calidade de vida dos nosos maiores e promover unha maior participación social. Así,
do 13 de novembro ao 17 de xaneiro, o
local da asociación de veciños de Brantuas acollerá un
taller de memoria no que poderán participar ata
15 persoas.
Durante algo máis de dous meses empregarase unha metodoloxía dinámica e participativa, a través da realización de exercicios que fomenten a atención, a concentración e a estimulación. En
horario de 10:30 a 12:00, os e as participantes desenvolverán diferentes actividades encamiñadas a promover a estimulación e o mantemento cognitivo ademais de abordar outras materias que favorezan a aprendizaxe como o cálculo, o grafismo e a expresión oral.
As sesións estarán formadas por un grupo reducido de alumnos/as coa finalidade de ofrecer unha atención personalizada e adaptada ás necesidades de cadaquén.
O
prazo de inscrición para participar no obradoiro de memoria permanecerá aberto
do 29 de outubro ao 2 de novembro. Se estás interesado/a en participar e/ou precisas máis información chama xa aos
teléfonos 881.933.223 ou 881.983.627.