Este domingo, 22 de setembro, contaremos coa actuación de J. Santanta, ex-cantante dos Players, na sesión que se celebrará no edificio das escolas de Ponteceso
![](../upload/not/1686-f-Cartel Programa Bailes A2-01 550x.jpg)
Despois do parón do verán, na Concellería de Servizos Sociais retomamos os Domingos de Baile para que os nosos veciños e veciñas poidan gozar dunha das actividades con mellor acollida entre os maiores con música en vivo e en directo.
Deste xeito, desde o departamento que dirixe Isabel Vuelta pretendemos encher de festa e bo ambiente as tardes dos domingos para incrementar, por unha banda, a oferta municipal de ocio e lecer dos nosos maiores e, pola outra, promover novos hábitos de vida, máis activos e saudables, para combater o estres, a depresión ou o sedentarismo, ademais de achegar á veciñanza un novo punto de encontro e convivencia social.
Así, a partir deste
domingo 23 a festa e a diversión volverán a estar aseguradas con novas actuacións en directo e unha morea de grupos musicais dispostos a encher cos seus temas o salón do Edificio das Escolas de Ponteceso e o Fogar do Pensionista da Casa do Mar de Corme, onde a actividade se celebrará o último domingo de cada mes. En ámbolos casos,
o horario será de 18:30 a 21:30.
Para poder participar será imprescindible ter moitas ganas de pasalo ben e deixarse levar polo ritmo de estilos tan variados como o pasodobre, o tango ou os boleros. Para os/as máis atrevidos/as tampouco faltarán os sons ?salseiros? da bachata, a cumbia e o chachachá. E aos que non lle guste tanto movemento, poderán gozar dunha relaxada tarde entre xogos de mesa e conversas con amigos/as e veciños/as. Todo vale para desfrutar sen preocupacións dunhas xornadas lúdicas e recreativas ao gusto de todos/as.
Próximas citasA primeira cita cos Domingos de baile terá lugar esta mesma semana no edificio das escolas de Ponteceso con
J. Santana, ex-líder dos Players e unha das mellores voces do panorama musical español da década dos 70. Quen non bailou algunha vez ao son de Carolina? Este domingo, todos os asistentes terán a oportunidade de volver a facelo e rememorar algúns dos seus éxitos máis soados.
A música e o baile continuarán o domingo 30 no Fogar do Pensionista de Corme coa actuación dun grupo xa asiduo na nosa programación, o
Dúo Manu e Alberto Madaira, ex-cantante dos Bardos.
Esta temporada os Domingos de baile volven con moita diversión para que todos e todas o pasedes en grande. Así que tomade boa nota e permanecede atentos ás vindeiras citas. Vémonos na pista de baile!