Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Se queres participar na ?Andaina Miradoiro do Monte Branco? non esquezas inscribirte. Último día, o xoves 3!

O xoves rematará o prazo de inscrición para a Andaina Miradoiro do Monte Branco, unha das rutas que forma parte do programa Coñece a Costa da Morte e que nos levará por algunhas das paraxes con mellores vistas do noso concello o vindeiro sábado 5. As persoas que queiran participar deben enviar un correo ao enderezo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net antes das 13.00 horas do día 3, indicando nome e apelidos, data de nacemento, número de DNI, enderezo e número de teléfono de contacto.

A Andaina Miradoiro do Monte Branco arrancará ás 10.00 horas do sábado desde o Centro Cultural de Ponteceso para realizar un percorrido duns 13 quilómetros que nos levará polo malecón do Couto, os miradoiros Monte Branco (182 metros de altitude) e Monte dos Loureiros (244 metros) para rematar na praia de Balarés arredor das 14.00 horas. O río Anllóns, a ría de Corme e Laxe e unhas vistas espectaculares garanten o interese da camiñata.

Concello de Ponteceso