Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso solicita a colaboración veciñal para poder actuar contra ás persoas que danan as árbores do malecón

As accións vandálicas que se están a producir nas últimas semanas obrigan a repoñer continuamente algunha das 150 árbores plantadas pola área de Medio Ambiente

Árbores novas no malecónEste domingo pola mañá volvían a aparecer árbores danadas no malecón de Ponteceso. Malia os labores de vixilancia que se están levando a cabo desde a área de Medio Ambiente, que depende da Concellería de Infraestruturas e Urbanismo, este tipo de accións vandálicas están reiterándose dun tempo a esta parte, o que obriga a repoñer continuamente algunha das 150 árbores plantadas nos últimos meses.

O Concello de Ponteceso realizou un importante esforzo para aumentar e mellorar as zonas axardinadas do municipio. No último ano foron plantadas un total de 240 árbores de diferentes especies, 150 delas no malecón. Sen embargo, neste último espazo de ocio e desfrute para toda a poboación creado nas beiras do Anllóns son frecuentes, sobre todo ultimamente, os actos vandálicos contra a vexetación, con danos intencionados que provocan a morte das plantas. No que levamos de ano foron arrincadas e destruídas máis de 15. Esta fin de semana foron tres, ás que se sumaron un bo número de hortensias que acababan de ser plantadas na zona urbana do paseo.

Para intentar evitar que este tipo de accións incívicas continúen producíndose, desde a área de Medio Ambiente faise un chamamento á colaboración veciñal, e pídese ás persoas que pasean polo malecón, que cada día son máis, que comuniquen ao Concello de Ponteceso calquera incidencia coa finalidade de poder actuar contra os/as responsables.

Concello de Ponteceso