Ante a demanda existente, o curso estase a prolongar dúas semanas máis do previsto
![Nenos do curso de informática didáctica Nenos do curso de informática didáctica](../upload/not/155-f-informaticadic.jpg)
O curso de Informática didáctica para nenos de 3 a 6 anos continuará na aula de informática do Concello en Ponteceso dúas semanas máis do estipulado, debido a gran demanda que tivo. Estase a facer os
martes e xoves de 10:30 a 12:00 horas e ten previsto o remate o 4 de setembro.