Mañá sábado visitan o noso concello 35 sendeiristas da Asociación Recreativa Bimares, de Ares, para facer a ruta Ponteceso-Corme-Ponteceso
Se queres coñecer o noso concello dunha forma amena, didáctica e saudable apúntate ás visitas guiadas que ofrecemos, totalmente de balde, desde a Concellería de Turismo. Nesta páxina web podes descargar o formulario de solicitude para grupos, entidades ou centros escolares cun mínimo de 15 participantes. Só tes que cubrilo e envialo por correo electrónico a turismoponteceso@ponteceso.net, e contestarémosche nun prazo de tres días.
Mañá sábado, sen ir máis lonxe, recibiremos a 35 sendeiristas da Asociación Recreativa Bimares,d e Ares, que realizarán a ruta homologada PR-G148 + PR-G148.1 ?Camiño da ribeira? (Ponteceso-Corme-Ponteceso). Trátase dun percorrido duns 20 quilómetros, en total, e de dificultade media, que inclúe lugares como Balarés ou o esteiro do río Anllóns. O técnico de Turismo do Concello de Ponteceso, Javier Couto, será o guía dos/as participantes na ruta, que xantarán nun restaurante local e pola tarde completarán a súa estancia no noso concello con visitas específicas ao Monte Branco, o Cabo Roncudo ou a Torre do Faro.
Dentro da oferta da área de Turismo tamén figuran as rutas ?Polas ribeiras do Anllóns?, dende Ponteceso ata o refuxio de Verdes, e ?Val nativo?, seguindo as pegadas de Eduardo Pondal polo noso concello.
Andando por BergantiñosMañá haberá outra ruta por terras pontecesáns grazas á iniciativa do Instituto de Estudos Bergantiñáns para dar a coñecer as parroquias de Xornes e Langueirón. Despois da multitudinaria presentación do caderno Andando por Bergantiños, chega o momento de coñecer todo o rico patrimonio destas dúas parroquias sobre o terreo. Haberá un autobús desde Carballo, con saída ás 09.00 horas, que virá completo. As persoas que queiran sumarse poden acudir á Pontedona, desde onde se realizará a saída guiada ás 09.30 horas. O percorrido inclúe a granxa A Devesa, a igrexa de Langueirón, xantar en Casa Mosqueira e, pola tarde, visitas ao pazo e á igrexa de Xornes.
Desde o goberno municipal de Ponteceso apostamos por este tipo de iniciativas que dan a coñecer o noso territorio, impulsan a economía local e converten o patrimonio e a paisaxe en elementos potenciais de xeración de emprego.