Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Suspendido por mor do temporal do II Torneo AD Vidú de fútbol sub-15

A competición disputarase, en principio, o vindeiro mércores 21

O temporal que azouta Galicia obrigou a suspender o II Torneo AD Vidú, previsto para hoxe pola tarde no Pinguel.

O concelleiro de Deportes de Ponteceso, Marco Varela, lamentou que o vento e a choiva impidan a disputa da competición e emprazou a toda a afección para o vindeiro mércores 21, a nova data de celebración, en principio, do torneo.

O torneo, organizado pola Agrupación Deportiva Vidú coa colaboración da Federación Galega de Fútbol e o Concello de Ponteceso, ten como principal obxectivo fomentar o deporte de base. Deste xeito, o II Torneo AD Vidú reunirá a preto de cen deportistas do Deportivo da Coruña, o Bergantiños CF, a Selección Coruñesa Sub-15 e a Selección da Costa Sub-15.

Lamentamos as molestias e agardamos poder asistir o vindeiro mércores 21 a unha gran festa do fútbol sub-15.

Concello de Ponteceso