Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O CONCELLEIRO DE ASOCIACIONISMO CARLOS PENEDO CASMARTIÑO INICIOU AS REUNIÓNS COAS ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO

O CONCELLEIRO DE ASOCIACIONISMO CARLOS PENEDO CASMARTIÑO INICIOU AS REUNIÓNS COAS ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO

AS REUNIÓNS CELEBRÁRONSE NA CASA DO CONCELLO, EN NIÑÓNS E EN TELLA.

O CONCELLEIRO RECORDOULLES QUE PODEN SOLICITAR AS MESMAS SUBVENCIÓNS QUE NO ANO 2017, ONDE SE BATEU UN RÉCORD DE 33.580? EN AXUDAS ÁS ENTIDADES.

COTO DE ALMEREZO (ASOCIACIÓN GASTRONÓMICA), A NOSA SEÑORA DO FARO DE BRÁNTUAS E NIÑÓNS, E A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS OS SEIXOS (TELLA) FORON AS PRIMEIRAS EN REUNIRSE CO CONCELLEIRO, QUE ESTIVO ACOMPAÑADO POLO ALCALDE.







O CONCELLEIRO DE ASOCIACIONISMO CARLOS PENEDO CASMARTIÑO INICIOU AS REUNIÓNS COAS ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO

A área de asociacionismo que dirixe Carlos Penedo enviou cartas a todas as asociación inscritas no rexistro do Concello para manter reunión de traballo. ?Dentro desta sociedade o asociacionismo cumpre unha labor social moi importante, que é a cohesión social, especialmente no rural, onde se trata de facer aldea? - destacou o concelleiro diante das asociacións - ?e un dos medios de facer aldea son as actividades que teñan relación co contorno, protexendo a música e cultura tradicionais, o acceso ás novas tecnoloxías e o coñecemento do patrimonio. Nós tentamos contribuir con recursos económicos e ofrecendo servizos para que desenvolvan as súas actividades?.

O presidente da asociación gastronómica Coto de Almerezo e dous membros da directiva mantiveron unha reunión no Concello co concelleiro e o alcalde, para iniciar unha colaboración para a posta en valor da nosa gastronomía local e da hostelería do municipio, impulsando catas de viños e queixos, cursos de cociña e visitas guiadas a empresas do sector alimentario.

Onte luns pola tarde, ás 16hs o concelleiro e o Alcalde acudiron á sede da asociación para escoitar as prioridades da asociación, que centraron na promoción da nosa carne e cociña tal como se exhalta na Festa do Raxo que se celebrará o primeiro sábado do mes de xuño. Faustino Santiago, Jesús Cousillas e outros seis membros da asociación pediron tamén axuda para a semana cultural do 31/8 ao 7/9 e para as festas do raxo e o Faro (setembro). A visita serviu para que o concello coñecera as súas actividades de pandeireta, ximnasia, campionatos de tute e eventos sociais e culturais para reunir aos veciños, como o día da regueifa do 15/4. Tamén demandaron actividades na parroquia como algún taller de memoria e a mellora da accesibilidade na estrada da Deputación que pasa onda a asociación. Tamén pediron a mellora da pista forestal dende a Torre do Faro cara Guxín.



Onte luns ás 20.00hs concelleiro e alcalde tamén visitaron a asociación de veciños de Tella ?Os Seixos? onde se reuniron coa presidenta Sandra Fernández Souto e outros catro membros da directiva. As demandas da asociación xiraron en torno a obras de mellora no contorno do local dos Seixos e o impulso de actividades. Cara a primavera e verán teñen zumba pero moitas outras actividades e eventos se celebran no local, para as que pediron tamén colaboración. Os talleres de memoria e actividades relacionadas coa xardinería e a arte floral estiveron tamén na conversa.



O CONCELLEIRO RECORDOULLES QUE PODEN SOLICITAR AS MESMAS SUBVENCIÓNS QUE NO ANO 2017, ONDE SE BATEU UN RÉCORD DE 33.580? EN AXUDAS ÁS ENTIDADES.

O concelleiro lembroulles que teñen a mesma subvención que en 2017 (Coto de Almerezo non recibiu subvención) pero poden pedilas xa e repasamos as subvencións concedidas.

O CONCELLO PECHOU 2017 INGRESANDO AS SEGUINTES AXUDAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS



SUBVENCION NOMINATIVA

IMPORTE


ASOCIACION DEPORTIVA VILA DE PONDAL FÚTBOL SALA FEMININO ?CONCELLO DE PONTECESO?

3.000,00 ?


PUENTECESO SD

9.000,00 ?


SDCF CORME (aprobada, ingreso pendente de que o Corme CF presente un certificado)

9.000,00 ?


AD ABELLARIZA IES PONTECESO

1.500,00 ?


ASOCIACIÓN CULTURAL MONTE BRANCO

2.000,00 ?


A. DE AMAS DE CASA EDUARDO PONDAL

1.000,00 ?


A. C. E PRESTADORA DE SERVICIOS Á XUVENTUDE S. XOAN DE XORNES

1.000,00 ?


ASOCIACIÓN CULTURAL NOSA SEÑORA DO FARO BRÁNTUAS E NIÑÓNS

2.000,00 ?


A.VECIÑAL CULTURAL E DEPORTIVA ?A XOLDA? DE CORES E NEMEÑO

1.000,00 ?


ASOCIACIÓN DE VECIÑOS EDUARDO PONDAL DE CORME-PORTO

1.000,00 ?


CONVENIO ANPA CEIP AS FORCADAS

400,00 ?


CONV ANPA ANDARES CRA VIRXE DO FARO PONTECESO

400,00 ?


CONVENIO ANPA CEIP EDUARDO PONDAL

400,00 ?


ANPA INSTITUTO ENSINO SECUNDARIO PONTECESO

400,00 ?


CONVENIO ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE PONTECESO

1.480,80 ?


Explicaron que dúas asociacións culturais levan o dobre de axuda que as outras, posto que corren cos gastos de manter un local propio, privado, incluso o imposto de bens inmobles, que o Concello acaba de reformar para elas en pleno coa retirada do 95% do ibi para esas asociación se cumpren os requisitos.

O CONCELLEIRO CONTINUARÁ COAS REUNIÓNS DESPOIS DO ENTROIDO

O concelleiro xa ten concertada unha reunión coa Asociación de Amas de Casa de Ponteceso o 14 de febrero ás 15.30 onde tamén
Goberno de Ponteceso

Concello de Ponteceso