Nenos e nenas da Galescola do Concello de Ponteceso visitan a Granxa de Langueirón
![Alumnos e alumnas da Galescola de Ponteceso Alumnos e alumnas da Galescola de Ponteceso](../upload/not/111-f-IMG_0401.jpg)
A Galescola de Ponteceso vai de visita á Granxa de Langueirón. Neste momento están traballando no proxecto
Unha viaxe polo noso Concello, co ánimo de que os nenos e nenas coñezan o seu entorno máis próximo.
Dentro deste proxecto, teñen previstas varias visitas por distintas parroquias do nos termo municipal.