Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Economía

Economía

As empresas


Radiografía da situación empresarial no ano 2.006

Según o Ministerio de Traballo e Asuntos sociais e Tesourería Xeral da Seguridade Social, no ano 2006 o Concello contaba con 226 centros de traballo. 494 traballadores deste centro son autónomos e 1.209 por conta allea.

Pesca


Mariscadoras

A pesca é un dos nosos principais pilares económicos. Sobre todo, no porto de Corme.

Corme é un porto con tradición comercial que, co paso do tempo, pasou a ser pesqueiro. Na actualidade un dos seus puntos fortes é o marisqueo, tendo como principal protagonista ó percebe, aínda que tamén se leva a cabo extracción de outras especies como o urizo.

Así mesmo cabe destacar a presencia neste porto dun polígono de bateas de mexillón que o convirte no principal porto extractor desta especie na Costa da Morte.

O porto cormelán conta tamén con embarcacións que combinan distintas artes de pesca durante todo ano, incluso algunhas chegan a adicarse á pesca do atún na tempada de verán.

Agricultura e Gandeiría


Vaca. Raza Rubia galega

A maior parte das nosas parroquias do interior seguen adicándose á agricultura e gandeiría.

A gandeiría é outro dos pilares económicos do noso Concello. Cabe sinalar a especialización que existe, ó igual que no resto da Comarca de Bergantiños, no gando porcino.

Existen en Ponteceso diversas explotacións gandeiras situadas, fundamentalmente, en Langueirón, Nemeño e Corme-Aldea.

Finalmente diremos que existen tamén algunhas explotacións de producción leiteira. Tamén cabe destacar a presencia de cultivos como o millo e a pataca, que predominan en todo Bergantiños.

Radiografía laboral


Xente nunha feira de gando

Partindo de datos laborais oficiais de emprego do mes de Outubro de 2007, podemos destacar o seguinte:

Por sexo e idade, no Concello de Ponteceso había, no mes de Outubro de 2007, 273 persoas no paro; 29 eran menores de 25 anos, das cales 14 eran homes e 15 mulleres; 244 abarcaban o resto de idades: 91 homes e 153 mulleres.

Por sectores, das 273 persoas en demanda de emprego, 17 pertencen ao sector agrícola e gandeiro, 72 ao da industria, 36 ao da construcción, 114 ao de servizos e 34 son persoas que aínda buscan o seu primeiro emprego.

Concello de Ponteceso