CONCELLO DE PONTECESO
Concello :: Novas
Por reparación na Estación de Bombeo debido á riada;Tella, o Polígono, Pazos, Brantuas, Niñóns e Cores, teñen auga só ata MAÑÁN SÁBADO DÍA 2 POLA MAÑÁ.
Esperamos ter operativa a estación de bombeo o antes posible a pleno funcionamento.
Desculpen as molestias
Retrásase, NON SE ANULA.Pasaría a ser a 9ªetapa, aínda sen data marcada.
Suspéndense tamén de momento as actividades transversais que tiñamos acordadas para ese día (charla, visita ao museo MELGA, paseo inclusivo? pinchos e concerto)
Consulta aquí todas as novidades do último boletín semanal.
28marzo 2016-Revista 1066
Este venres 1 de abril en horario de 10:00-12:00h teremos na Biblioteca de Ponteceso a actividade: "Ler a nosa BD! Unha viaxe pola historia e os autores da Banda Deseñada Galega" impartida por Xulio C. Dopico.
A federación de ANPAs da Costa da Morte, a confederación ANPAS GALEGAS, concello de Carballo e Ponteceso, e outros colectivos adicados á diversidade funcional e ás necesidades específicas estamos organizando o Camiño dos Faros Inclusivos coa asociación Camiño dos Faros.
Consulta aquí a programación da Semana Santa no noso Concello
Mañá mércores 23 de marzo, ás 12:00 h terá lugar unha concentración diante do Concello en apoio ás vítimas dos atentados de Bruselas.
O Concello convida á cidadanía a unirse a esta manifestación