ACTIVIDADE DO PROGRAMA APEGO: A Casa encantada de Alí
mércores 21 setembro 2016![](../upload/age/561-f-casaencantadadeali.jpg)
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso, que dirixe Carlos Pendo, organizou unha actividade de narración oral, plástica e musical baseada no portal Alí, recursos en galego para a educación infantil.
Día: 21 DE SETEMBRO DE 2016
Hora: 17.00 h
Lugar: BIBLIOTECA MUNICIPAL
Argumento: Alicia chega unha noitiña á súa nova casa, un fogar moi particular que a esperta con cancións e onde cada paso adiante lle permite descubrir cofres misteriosos cheos de xogos e ilusións.
Dende o Servizo de Normalización Lingüística, convidamos a todas as familias con fillos de 0 a 6 anos a participar nesta actividade encadrada dentro do programa Apego, unha aventura conxunta de amor, arraigo, lingua, orgullo identidade...
Ruta nocturna Petroglifos Promontorio de Corme
sábado 27 agosto ás 21:30h![](../upload/age/556-f-ruta-PONTECESO-VERSION-WEB- - copia.jpg)
Organizado pola Concellería de Patrimonio que dirixe Carlos Penedo.
Inscricións:turismoponteceso@ponteceso.net ou no 981714000
DATA LÍMITE INSCRICIÓNS:VENRES 26 ás 13:00h