Marcha nocturna a pé
6 de agostoO Concello de Ponteceso organiza unha marcha nocturna a pé na parroquia de Corme-Porto. Sairemos ás
22.00h da praza da Ribeira para percorrer: Praza da Ribeira, Candelago (pola Regadiña), Parque eólico, Roncudo (Aldea), Bustelo (abaixo), Pavillón polideportivo, As Forcadas (colexios)
Praia do Osmo, Praia da Arnela, Praza da Ribeira.
Descargas asociadas
Ruta cicloturística
6 de agosto![Bicicleta Bicicleta](../upload/age/88-f-bicicleta.jpg)
O Concello organiza un roteiro ciclouturístico polas parroquias do Concello. Sairemos ás
10.00h da praza do "Relleno" para percorrer en bicicleta: Praza do Relleno, Paseo Fluvial, A Pesqueira, Anllóns, Tella, Tallo, Viladesuso, Langueirón, Xornes, Pazos, Bugalleira, Tallo, Tella, Ponteceso.
Descargas asociadas
Motofesta en Ponteceso
1, 2 e 3 de agosto![Imaxe do motoclube Costa da Morte Imaxe do motoclube Costa da Morte](../upload/age/83-f-motoclube.jpg)
Motoristas de toda a península, achéganse ata a esta xuntanza en Ponteceso, que organiza o Motoclube Costa da Morte. O
Campo da Feira da Trabe ponse ata os topes de motoristas.
As filigranas do serán, ante a expectación de todos os achegados, da paso a unha noite longa. Moreas de xentes ateigan cada ano Ponteceso, ata altas horas da mañá.
Festival de habaneras
2 de agosto![Coral Brisas do Mar de Corme Coral Brisas do Mar de Corme](../upload/age/82-f-coral.jpg)
Festival de habaneras con distintas corais de Galicia organizado pola
Coral Brisas do Mar en colaboración co Concello de Ponteceso.
Será na
Praza do Pan en Corme-Porto ás 21.00h
Contacto
Festas en Tella
26 e 27 de xullo![Igrexa parroquial de Tella Igrexa parroquial de Tella](../upload/age/81-f-tellaparroquia.jpg)
Celebración das
Festas do Sacramento na parroquia de Tella.
26 de xullo:Alboradas con gaiteiros, misa solmemne e actuación das orquestas Novo estilo e Cachito.
27 de xullo:Alboradas con gaiteiros, misa solemne e actuación da orquesta Trebol.
Risoterapia
22 e 23 de xullo![Muller ríndose Muller ríndose](../upload/age/80-f-risa.jpg)
Sesións de risoterapia en distintas parroquias do Concello.
22 de xullo: No
pavillón municipal en Corme. Ás 20.00h.
23 de xullo: No
salón de plenos do concello. Ás 20.00h.
Xogos e dinámicas grupais que aseguran o
divertimento e desestrés.
Contacto
Obradoiro de animación
2,7, 9, 14, 16 e 21 de xullo![Globoflexia Globoflexia](../upload/age/66-f-globo.jpg)
Aprenderemos a divertirnos con talleres de globoflexia, clown, xogos de lecer, etc.
Para
maiores de 16 anos.
De 20.00h a 22.00h no
Salón de Plenos do Concello de Ponteceso.
Contacto
XV Feira exposición paseo do cabalo en Ponteceso
20 de xulloNas inmediacións do campo de fútbol de "O Pinguel" a partires das 10.00h.
Invitarase a xantar ós xinetes nunha carpa habilitada. Haberá "ponies" para pasear ós nenos. Concurso de barriles e sorteo dunha poldra.
Contacto
Torneo de volei praia
18 de xullo![Imaxe torneo de volei praia Imaxe torneo de volei praia](../upload/age/79-f-volei.jpg)
Torneo de volei praia no
Osmo en Corme. Todos os interesados en participar poderán facelo ata antes do torneo.
Inscricións na Oficina Municipal en Corme ou no Concello. O comezo do torneo será
ás 18.30h.
Contacto
Títeres en Ponteceso
18 de xullo![Logo títeres Logo títeres](../upload/age/76-f-babaluba.jpg)
O Concello, en colaboración coa Consellaría de Cultura, organiza unha actuación de títeres no Campo da Feira en Ponteceso.
A actuación correrá a cargo de Babaluba e será ás 21.00h.
Contacto