Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Benestar renova o convenio coa Federación de Bancos de Alimentos e FEGAMP

O día 5 de xuño de 2015 asinouse un Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Federación Gallega de Bancos de Alimentos e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para o establecemento dunha coordinación na entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores.

As familias destinatarias serán aquelas en situación de vulnerabilidade diagnosticada polos servizos sociais comunitarios do concello onde residen e que teñan menores a cargo. As circunstancias nas que se atopan as familias serán analizadas polos servizos sociais comunitarios do concello para determinar a necesidade de intervención cunha achega de alimentos básicos.
Os servizos sociais dos concellos determinarán cales son as familias con menores a cargo que, por falla de recursos económicos e non recibir outro tipo de axudas para cubrir ás necesidades alimenticias nos meses de verán, precisen esta achega extraordinaria de alimentos.

Unha vez verificado polos servizos sociais do concello que se cumpren as condicións do artigo 49 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, comunicarano directamente por correo electrónico á Federación Gallega de Banco de Alimentos (alimentos@fegaban.es), relacionando o DNI e a idade das persoas que forman parte da unidade familiar que necesita os alimentos. A Federación Gallega de Banco de Alimentos e a Consellería de Traballo e Benestar contrastarán a percepción por parte desas familias doutras axudas ou prestacións coa mesma finalidade.

Os concellos deberán indicar un lugar ou punto para que os Bancos de Alimentos fagan entrega dos lotes de alimentos, en función da súa petición, e organizar esa entrega ás familias que os solicitaron.

As familias recollerán os alimentos no lugar ou punto sinalado polo propio concello. O paquete entregado a cada familia permitirá, como mínimo, unha comida diaria a todas as persoas da unidade familiar.

Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono da Subdirección Xeral de Inclusión, Inmigración e Acción Social: 981 544 653.

Concello de Ponteceso