Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os Axóuxeres

Domingo 2 de nadal ás 12.00h na A.C Monte Branco do Couto

AxouxeresA xente miúda da casa moverase ao ritmo do espectáculo musical dos Axóuxeres, deseñado especificamente para bebés de 0 a 3 anos acompañados polos seus pais e nais. Os protagonistas son membros dunha familia de bonecos de xoguete que vive encol dunha mesa: Xan, Iria e Pelouro, xunto co seu amigo marciano R01 ?ou Roi para os pequenos-, que cantarán e bailarán cos máis pequenos en galego para fomentar a transmisión interxeracional da nosa lingua. Forma parte dun programa da Secretaría Xeral para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística, para o que fai falla inscrición previa no teléfono 637 179 304.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso