Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello colabora no acto de xuntanza de mestres, alumnos e pais do CEIP "Eduardo Pondal"

Será o 29 de maio de 2010

A PonteO Concello de Ponteceso está a colaborar activamente coa Asociación de nais e pais de alumnos do Colexio "Eduardo Pondal" de Ponteceso, que convoca a alumnos, profesores e pais que estiveron vinculados ao colexio nalgún momento da súa vida, para reunirse en torno aos mestres que se foron xubilando neste centro. Será unha xornada cultural e festiva no pavillón municipal de Ponteceso o vindeiro 29 de maio, ás seis da tarde. Amosamos as listas de alumnos asignados a estes profesores no ano que chegaron ao colexio coa intención de que participen neste evento.
Os/as interesados/as en acudir poden enviar un correo electrónico a anpaeduardopondal@yahoo.es

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso