Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Falece Anisia Miranda

Foi recoñecida co galardón "Bos e Xenerosos" da Fundación "Eduardo Pondal"

A Concelleira con Anisia Miranda e Neira VilasAnisia Miranda Fernández, esposa do literato, Xosé Neira Vilas, falecía onte de forma repentina, causando fondo pesar no mundo da cultura galega. Nada en Cego de Avila (Cuba) o 30 de decembro de 1932, era filla de emigrantes ourensáns. Visitou Ponteceso en numerosas ocasións, recibindo hai meses o galardón da Fundación "Eduardo Pondal" "Bos e Xenerosos", que lle entregou a Concelleira de Cultura, Susana Cousillas. O Concello de Ponteceso sente a perda dunha gran loitadora polo rural galego.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso