Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Xornada de concienciación ambiental para os nenos e nenas do Campamento Concilia

Tivo lugar este martes na praia de Balarés e trátase dunha actividade organizada pola Área de Turismo do Concello de Ponteceso


Os nenos e nenas que participan este verán no Campamento Concilia que organiza o Concello de Ponteceso, levado a cabo na Campara, Corme, Pazos e Ponteceso, en colaboración coa empresa Escola con Talento, desfrutaron na xornada do martes da contorna da praia de Balarés, grazas ao programa “Concilia Ambiental”.

Trátase dunha actividade organizada pola Área de Turismo co Concello de Ponteceso, na que os máis pequenos e pequenas puideron tomar conciencia da importancia de coidar o noso entorno e o medio ambiente. No día de onte, coñeceron máis de preto este espazo natural de Balarés e realizaron unha recollida de lixo para colaborar na preservación da nosa natureza.
Amais, gozaron dunha merenda e recibiron unha interesante charla dos nosos socorristas.

Os nenos e nenas estiveron acompañados tamén por Protección Civil e a Policía Local de Ponteceso que colaboraron no desenvolvemento da actividade.

Concello de Ponteceso