Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O alumnado do CEIP Eduardo Pondal estrea a marquesiña instalada polo Concello de Ponteceso a petición da ANPA

O Concello realizou un investimento de 17.124 euros

O alumnado do CEIP Eduardo Pondal estará máis protexido das inclemencias meteorolóxicas grazas á marquesina que vén de instalar o Concello de Ponteceso. A obra, executada este verán pola empresa Capintería metálica Mario Abelenda cun orzamento de 17.124 euros, responde a unha demanda trasladada ao goberno municipal pola Asociación de Nais e Pais do centro.

O tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Miguel Ángel González, achegouse ata o colexio para amosar aos nenos e nenas e ás súas familias a nova marquesiña que os protexerá dende o soportal ata a entrada. O concelleiro estivo acompañado polo director do CEIP, J. Manuel García Villar.

A marquesiña foi financiada integramente con fondos municipais, xa que, malia ser un dos colexios máis antigos da provincia e de ter moitas necesidades, o investimento da Xunta de Galicia este verán foi de cero euros.

Concello de Ponteceso