Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Bando da alcaldía

Regulación do tráfico con motivo da gala de operación triunfo

Avda Eduardo PondalCon motivo da celebración da gala de OT, o vindeiro sábado día 6 de setembro, a circulación do tráfico, a partires das 19:00h, terá os seguintes cambios:
Praza do Relleno: queda pechada ó tráfico.
Rúa do Concello: dirección única, entrando pola rúa Aduana e asaíndo cara a Cañota (estrada de Corme). Así mesmo esta rúa tamén queda pechada ó tráfico dende a casa do Concello ata a saída no Banesto.
Avda. Eduardo Pondal: queda pechado ó tráfico o acceso dende o Supermercado "Aliprox" cara o paseo Fluvial.
Avda. Anllóns: queda pechado o tráfico ó acceso á paraza Campo da Feira, dende a "Tasca A Feira". Así mesmo, queda dirección única a entrada en frente do colexio, cara a glorieta da Pza. Campo da Feira.
Campo da Feira: queda dirección única o acceso que baixa cara a gloireta, procedente de Tella e Anllóns. Asi mesmo, tamén queda dirección única o acceso a esta praza dende a rúa Vereda.
Rúa Médico Antonio Longa: queda dirección única a entrada a esta rúa dende a avda. Bergantiños (en frente da gasolineira) ata a rúa Vereda.

Concello de Ponteceso