Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Iº Certame Castelao de Ilustración para o ensino

A Concellería de Educación que dirixe Carlos Penedo, organiza o vindeiro venres 27 ás 20:00h na Biblioteca Municipal a entrega de premios do Iº Certame de Ilustración para o ensino.
A este certame concorreu o alumnado de primaria e educación secundaria obrigatoria (ESO) do Concello de Ponteceso.
Antes da entrega dos premios A Xanela do Maxín representará "A obra de Castelao en teatro de sombras".
O Xurado estará formado por:
Beatriz Fernández Cortizas (profesora de debuxo do IES Ponteceso),Miguel Anxo Mato Fondo (profesor de lingua e literatura no Instituto Zalaeta) e Carlos Penedo Casmartiño (Concelleiro de Educación do Concello de Ponteceso)

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso