Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Agradecemento do Alcalde aos voluntarios do Concello

Hoxe ás 19:00h no Salón de Actos do Concello

Hoxe venres, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Concello, o Alcalde agradecerá aos 7 voluntarios/as que participaron este ano no Programa de Voluntariado Xuvenil, a súa colaboración en diferentes actividades (museo, talleres de memoria, concilia, medioambiente, ...). Así mesmo, faráselles entrega dun diploma acreditativo da Xunta, dun pequeno obsequio simbólico e dun aperitivo.
O Concello de Ponteceso leva anos apostando por este voluntariado, en colaboración coa Xunta, posto que ademais de mellorar os servizos grazas a esta colaboración desinteresada, tamén a mocidade que participa aprende da experiencia a cal despois repercute no seu futuro comunitario e laboral.
Moitas grazas a todo o voluntariado pola vosa labor.

Concello de Ponteceso