Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Actividade-Programa Apego: A casa encantada de Alí

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso, que dirixe Carlos Pendo, organizou unha actividade de narración oral, plástica e musical baseada no portal Alí, recursos en galego para a educación infantil.
Día: 21 DE SETEMBRO DE 2016
Hora: 17.00 h
Lugar: BIBLIOTECA MUNICIPAL
Argumento: Alicia chega unha noitiña á súa nova casa, un fogar moi particular que a esperta con cancións e onde cada paso adiante lle permite descubrir cofres misteriosos cheos de xogos e ilusións.
Dende o Servizo de Normalización Lingüística, convidamos a todas as familias con fillos de 0 a 6 anos a participar nesta actividade encadrada dentro do programa Apego, unha aventura conxunta de amor, arraigo, lingua, orgullo identidade...

Concello de Ponteceso