Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O PLENO DE PONTECESO APROBA UN INVESTIMENTO DE 500.000 EUROS PARA MELLORAR VARIAS INFRAESTRUTURAS DO MUNICIPIO

O pleno do Concello de Ponteceso aprobou na sesión celebrada onte diferentes asuntos de relevancia para o municipio, entre os que destaca un investimento de 500.000 euros en novas infraestruturas, así como a aprobación da Conta Xeral e a autorización do convenio do Festiletras.

PONTECESO AVANZA NO SEU OBXECTIVO DE POÑER EN VALOR O NÚCLEO COSTEIRO CO REMATE DA RESTAURACIÓN DO FARO DO RONCUDO

O goberno local continúa dando pasos firmes no seu compromiso coa posta en valor do núcleo costeiro. Trátase dun compromiso que acaba de referendarse co remate das obras de restauración do faro do Roncudo, unha actuación impulsada pola Autoridade Portuaria da Coruña tras a petición trasladada polo alcalde, José Manuel Mato. O rexedor subliñou a importancia desta actuación, coa que se "recupera e pon en valor un dos espazos máis emblemáticos do municipio, mellorando a súa accesibilidade e seguridade sen renunciar á protección do extraordinario patrimonio paisaxístico e medioambiental que o rodea".

O CONCELLO ORGANIZA UN PROGRAMA COMPLETO DE ACTIVIDADES COA ECLIPSE COMO FÍO CONDUTOR

As propostas levaranse a cabo durante o mes de agosto e incluirán xornadas de observación, unha charla do divulgador científico Jorge Mira e a inauguración dunha exposición fotográfica. O mércores, 12 de agosto, habilitarase un punto de observación da eclipse no Faro Roncudo, un “punto de observación ideal para ver este fenómeno”, tal e como o cualifica o alcalde, José Manuel Mato.

O CONCELLO E A XUNTA REFORZAN A LOITA CONTRA OS INCENDIOS COA INSTALACIÓN DE 11 NOVOS PUNTOS DE AUGA NO MUNICIPIO

O alcalde, José Manuel Mato, agradece a colaboración da Consellería de Medio Rural, "esencial para previr situacións como as que vivimos hai un ano".

O CONCELLO PORÁ EN MARCHA POR TERCEIRO CURSO CONSECUTIVO O SEU PROGRAMA DE CONCILIACIÓN PONTE-CEDO

O Concello volverá poñer en marcha durante o ano académico 2026/2027 o seu programa de conciliación Ponte-cedo. Trátase dunha medida que se implantará por terceiro curso consecutivo coa intención de que se converta nunha "prestación permanente para as familias do municipio", tal e como avanzan o alcalde, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez. Especialmente, segundo sinalan, tendo en conta "a evolución no número de solicitudes, pasando das 7 na edición inaugural ás 16 coas que se pechou en xuño do 2026, máis do dobre de inscritos".

UNHA NOVA SENDA PEONIL UNIRÁ AS PRAIAS DO OSMO E A ERMIDA

O Concello continúa avanzando na mellora das infraestruturas turísticas do municipio coa execución da primeira fase da nova senda peonil que conectará as praias do Osmo e A Ermida. O alcalde, José Manuel Mato, explicou que esta actuación se enmarca na estratexia do goberno local para "seguir mellorando as infraestruturas turísticas e favorecer a chegada de máis visitantes ao noso municipio, ao tempo que ofrecemos á veciñanza espazos máis accesibles e seguros".

O ALCALDE COMPROMETE NOVAS ACTUACIÓNS PARA IMPLANTAR O SANEAMENTO E ABASTECEMENTO EN TODO O CONCELLO

O rexedor recibiu á delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, coa que comprobou o resultado das actuacións desenvolvidas ao abeiro do Plan de dixitalización da xestión do ciclo integral da auga.

BANDO PARA A COMUNICACIÓN PARA FACER FOGUEIRAS POLO SAN XOÁN E POLO SAN PEDRO

Con motivo da festividade de San Xoán e San Pedro nos vindeiros 24 e 29 de xuño, recórdase
a tódolos veciños/as do municipio que a comunicación para facer fogueiras poderá presentarse
pola sede electrónica ou nas oficinas do Concello.

O CONCELLO DE PONTECESO AVANZA NA CANDIDATURA DUNHA CASA DO MAIOR EN CORME COA CESIÓN DA CASA REITORAL

O Concello de Ponteceso mantivo unha reunión co ecónomo do Arcebispado de Santiago para pechar a cesión da Casa Reitoral de Corme ao Concello, nun encontro no que estiveron presentes o alcalde, José Manuel Mato, o tenente de alcalde, Constantino Fernández, o párroco de Pazos, Don Manuel García, e representantes do Arcebispado.

BANDO CORTES DE TRÁFICO POR MOR DA 6ª CARREIRA POPULAR FARO DO RONCUDO

O Concello de Ponteceso publica o bando sobre os cortes de tráfico pola celebración da 6ª Carreira Popular Faro do Roncudo.


 1  2  3  4

Concello de Ponteceso