CONCELLO DE PONTECESO
Concello :: Novas
A nova senda ao longo do río Anllóns está cada vez máis preto de ser unha realidade. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, da que dependen estas obras, arrancou os labores nos últimos días. O alcalde, José Manuel Mato, sinala que se trata dunhas actuacións "esenciais coas que se porá en valor e garantirá a conservación ambiental do río". O primeiro edil avanza que esta non será a única actuación prevista para devolverlle ao Anllóns ou protagonismo "que merece, senón que temos previsto realizar outras intervencións na zona proximamente".
O Concello de Ponteceso publica a resolución das vivendas sociais: prego das bases modificadas que rexerán o concurso para a adxudicación de dúas vivendas sociais municipais, sitas no edificio anexo ás Escolas, antigas vivendas dos mestres, en rexime de aluguer.
O reforzo da seguridade viaria e a mellora do estado das estradas continúa sendo unha prioridade para o goberno local. Así o demostran as obras recentemente concluídas na parroquia de San Martiño de Cores, entre os lugares de Cores e Santa Cruz.
O alcalde, José Manuel Mato, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantiveron onte unha reunión de traballo. A cita, á que tamén asistiu o concelleiro de Obras, Constantino Fernández, serviu para abordar diversos temas de interese e calado para o futuro de Ponteceso. Entre eles, as obras que o organismo autonómico executará para resolver os problemas de inundacións que se producen no municipio en momentos de episodios meteorolóxicos adversos. Outra das cuestións que se abordaron durante a reunión foi o proxecto para construír a circunvalación entre Tella e Lestimoño.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, vén de anunciar o comezo das obras da senda peonil en Pazos, actuación que chegou tras a sinatura este ano dun convenio de colaboración coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, para facer realidade esta actuación. Segundo o rexedor, a intervención é "esencial para seguir reforzando a seguridade viaria na zona".
O Concello de Ponteceso presenta unha nova edición do seu xa consolidado Ciclo de Teatro, que este ano alcanza a súa XXXII edición, un dos máis lonxevos da provincia da Coruña e un referente cultural na Costa da Morte. Durante os sábados do mes de novembro, o Edificio das Escolas, sempre ás 22:00 horas, converterase nun espazo de encontro co mellor teatro galego contemporáneo, ofrecendo cinco propostas diversas que combinan comedia, reflexión e crítica social.
O Concello de Ponteceso, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, está a executar unha importante obra de mellora na cantina do Campo de Fútbol do Cairo, en Corme-Porto. O proxecto, adxudicado por un importe de 59.125,90 euros, ten como finalidade modernizar e facer máis accesible este espazo, mellorando o confort e a funcionalidade para os socios, simpatizantes e afeccionados do Corme C.F.
O Concello acaba de implantar un sistema técnico e organizativo pioneiro en Galicia no seu Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES). Este modelo busca un claro obxectivo: garantir a máxima protección tanto para os efectivos da agrupación como para a veciñanza. Para conseguilo, incorporarase a figura do recurso preventivo en cada quenda. Isto é, a presenza dun GES que se encargará de detectar, comunicar e corrixir riscos durante as actuacións. A maiores, a adopción do sistema suporá tamén a fixación dunha serie de procedementos claros para actuar cunha maior eficacia e garantir, así mesmo, a máxima protección.
A futura Casa do Maior da Campara, na parroquia de Cores, está cada vez máis preto de ser unha realidade. Así o confirma o alcalde, José Manuel Mato, en base á resolución publicada, esta mañá, pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, e na que se lle concede ao Concello unha axuda de 53.153,00 euros para a instalación.
A oficina de atención para os afectados pola vaga de lumes está xa en funcionamento nas dependencias municipais do Concello. O servizo, atendido por persoal técnico da Consellería de Medio Rural e da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, servirá para ofrecer asesoramento presencial aos prexudicados polos incendios, brindándolles información sobre as distintas axudas implantadas polo organismo autonómico.