Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

COMUNICADO DA CONSELLERÍA DE SANIDADE SOBRE O EPISODIO DE GASTROENTERITE EN CORME

. As autoridades sanitarias da Xunta manteñen a recomendación de evitar o consumo de auga da traída ata coñecer os resultados das análises de norovirus
. Toma nota dos consellos para previr o contaxio
. O Concello de Ponteceso continúa a repartir garrafas de auga

Xa está aquí a oferta cultural e deportiva do Concello de Ponteceso para que toda a familia aproveite o tempo de ocio tamén durante o inverno

As inscricións poderán realizarse do 1 ao 3 de outubro, tanto nas oficinas municipais coma na sede electrónica, e o día 7 empezarán as actividades

O Concello de Ponteceso ofrece un servizo de atención ás familias para informar sobre os bonos sociais de luz, gas e telefonía

O departamento de Educación Familiar será o encargado de asesorar e tramitar as correspondentes axudas, que variarán en función da unidade familiar e da renda anual

Contos infantís para educar a intelixencia emocional coa narradora Raquel Queizás

Mañá xoves, na Biblioteca Municipal de Ponteceso, a partir das 18:00 horas

RESULTADOS DAS ANÁLISES DE CONTROL EXTRAORDINARIO DA AUGA EN CORME

Segundo as analíticas das mostras recollidas o luns 23 pola empresa concesionaria, a auga cumpre cos criterios sanitarios de potabilidade. Os resultados das análises de norovirus chegarán a partir do venres 27

O SERGAS REFORZARÁ O PAC CUN SEGUNDO MÉDICO DURANTE A CRISE SANITARIA POR UN EPISODIO DE GASTROENTERITE EN CORME

Un operativo coordinado polo concelleiro Faustino Santiago encargouse do reparto de auga embotellada en Corme

ACONSÉLLASE NON CONSUMIR AUGA DA TRAÍDA EN CORME, POR PRECAUCIÓN, ANTE A APARICIÓN DUN EPISODIO DE GASTROENTERITE

A partir das 17.00 horas o Concello abastecerá de auga embotellada á poboación

Os mozos e mozas do Sistema de Garantía Xuvenil poderán achegarse ao mundo laboral na Feira do Emprego da Cámara de Comercio

? A feira celebrarase o martes 24 de setembro en Bergondo
? Dende Ponteceso sairá un autobús, de balde, ás 08.30 horas

Avanzan as obras no campo de fútbol do Pinguel, que estará de novo a disposición dos equipos no prazo dun mes

O alcalde, a concelleira de Deportes e o concelleiro de Obras achegáronse ata o recinto deportivo para interesarse polo desenvolvemento dos traballos


1 ... 3  4  5  6  7 ... 20

Concello de Ponteceso