Andando por Bergantiños: Xornes e Langueirón
11 de marzo de 2018
O Instituto de Estudos Bergantiñáns, coa colaboración do Concello de Ponteceso, presenta o domingo 11 o caderno da serie Andando por Bergantiños dedicado ás parroquias de Xornes e Langueirón.
O acto terá lugar ás 18.00 horas na Casa dos Veciños de Xornes. Actuará o grupo de gaitas da Asociación Cultural San Xoán de Xornes e ao remate servirase un viño galego.
Todas as persoas asistentes serán agasalladas con dous exemplares do caderno.
A entrada é libre e de balde.
Trinketrinke presenta "Avós" nun espectáculo infantil con Apego
19 de marzo de 2018
III Xornada de Xénero
Do 8 ao 21 de marzo de 2018
Desde a Área de Biblioteca organizamos, arredor do 8 de Marzo, a III Xornada de Xénero, na que abordaremos a problemática da muller desde unha perspectiva lúdica.
Os días 9, 15 e 21, ás 18.30 horas, actuarán na Biblioteca Municipal, poderemos escoitar os contos para cambiar o conto de Soledad Felloza, o contacontos Tecendo con Estrela de Tero Rodríguez e a biografía de Ánxeles Alvariño "Polo correo do vento".
A entrada é libre e de balde.
AXENDA DEPORTIVA DA FIN DE SEMANA
23 marzo 2018
Oito locais participan na VI Ruta de Pinchos de Ponteceso
31 marzo 2018
Produtos frescos da ría e música galega na I Festa Marisqueira
29 marzo 2018
Desde o xoves 29 pola tarde ata o sábado 31 pola noite, na I Festa Marisqueira de Ponteceso, poñeranse á venda racións de ameixas á mariñeira, navallas á prancha, berberechos ao vapor e en empanada, polbo e ourizos. Os prezos non están fixados porque dependerán do mercado, pero intentarase que sexan prezos populares.
As degustacións, que se realizarán ao mediodía e pola tarde-noite, inclúen tamén a promoción dos viños do país e da música galega.Pero a cousa non remata aí, porque o sábado a partir das 14.00 horas tamén teremos unha paella xigante, con 1.000 racións en total que se venderán a 5 euros.
A animación está garantida desde o minuto 1, porque no acto inaugural, o xoves ás 20 horas, contaremos coa Charanga Mekánica. O venres estará en Ponteceso ?O cego na feira?, un espectáculo de música e teatro do que asistiremos a varios pases ao longo da xornada, e pola noite teremos aos incomparables Festicultores en Concerto. E o sábado seguirá a música, coa orquestra Essencia tanto na sesión vermú coma na verbena. E para o público familiar teremos ao Mago Álex a partir das 17 horas.
Actos litúrxicos da Semana Santa de Corme
23 marzo 2018
Romaría da Virxe da Estrela en Corme Aldea
2 abril 2018
Actividades deportivas para a fin de semana
7 abril 2018
"Medrar con intelixencia emocional", unha actividade con Apego para familias con nenos/as de 0 a 12 anos
13 abril 2018