Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

XIII Certame de Corais "A Oliveira do Monte Branco"

13 xullo 2019

O sábado 13 de xullo celébrase unha nova edición do certame organizado pola Asociación Cultural A Oliveira do Monte Branco, que conta coa colaboración da Asociación Cultural Monte Branco e a Deputación da Coruña.

O XIII Certame de Corais "A Oliveira do Monte Branco" celebrarase na Casa dos Veciños a partir das 20.30 horas, segundo o programa que figura na imaxe.

Concerto de Jimmyy Barnatan & The Cocooners en Corme Aldea

13 xullo 2019

Este sábado Jimmy Barnatán & The Cocooners estarán en Corme Aldea presentando "Jefe", o sexto traballo da súa carreira e o cuarto xunto á banda integrada por Ángel Camacho, Sergio González y Rubén Rodríguez. Da man de Ponteceso Cultural e o Concello de Ponteceso terás a oportunidade de gozar dunha noite de boa música con marcado sabor americano a ritmo de rock, blues, soul, funk, R&B...Toma boa nota e non faltes! Chega "El Jefe Tour"!!

Noite de cine na Graña: "Cómo entrenar a tu dragón 3"

12 xullo 2019

Inscríbete na Andaina Miradoiro do Monte do Faro

8 xuño 2019

En abril volven os Domingos de Baile da Concellería de Servizos Sociais

7 abril 2019

A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Isabel Vuelta González, vén de elaborar a nova programación dos Domingos de baile para encher de música e diversión o mes de abril coas actuacións en vivo e en directo dos mellores dúos musicais do momento que, semana tras semana, pasarán polo Edificio das Escolas de Ponteceso agás a última que se celebrará, como xa vén sendo habitual, no Fogar do Pensionista de Corme.

O domingo 7, o Dúo Azabache e Michael (ex-cantante da orquestra Filadelfia e Foliada) serán os encargados de arrincar os primeiros compases e, por suposto, os primeiros bailes do mes.

Os seguintes en subir ao palco do Edificio das Escolas serán José e Lupe, que o día 14 deleitarannos cun repertorio do máis animado.

Outro dos duetos con máis sona do panorama actual e gran coñecido pola nosa veciñanza é o Dúo Marineda, con Ana Cristina e Suso Botana (ex-cantantes de Los Trovadores), que actuará na localidade pontecesá o día 21 mentres que o 28 corresponderalle a Melchor e Lupe, ex-compoñente dos Satélites, facernos desfrutar da música en vivo e en directo no Fogar do Pensionista de Corme.

En abril, non quedes na casa! De 18:00 a 21:00 horas vén bailar ao son da música, rodeado/a da mellor compañía e moi bo ambiente. E se chove, que chova!

Esta Semana Santa volve a Ponteceso a Festa Marisqueira!

18 abril 2019

Os ratos de Lonxedetodo volven á Biblioteca Municipal da man de Apego e a Área de Normalización Lingüística

17 abril 2019

O día 17 recibiremos na Biblioteca Municipal unha visita moi especial! O programa de actividades de Apego achegaranos, a través da Concellaría de Normalización Lingüística que dirixe Carlos Penedo Casmartilño, un divertidísimo contacontos, dirixido ao público infantil e familiar, protagonizado polos ratiños máis famosos e queridos polos peques da casa. Nesta ocasión, da man da compañía Trinketrinke Teatro coñeceremos un pouco mellor a aldea onde viven: ?Lonxedetodo, un modelo de comunidade?, a partir das 19:30 horas. O acceso ao espectáculo será libre e de balde ata completar o aforo.

A aldea de Lonxedetodo é unha comunidade democrática na que toda a veciñanza contribúe ao benestar común cumprindo coas súas obrigas como cidadáns/ás. Grazas a iso, conta cun colexio público, teatro público, piscina pública, escola pública de música e un longo etcétera de servizos que fan máis agradable a vida de todos os ratiños e ratiñas. Non o perdades!

Apego é un programa colectivo, no que están integrados varios concellos galegos, creado para fomentar e mellorar a transmisión do noso idioma como lingua inicial mediante a realización de actividades lúdicas e didácticas, promovidas desde os departamentos municipais de Normalización Lingüística.

1ª Carreira Popular Faro Roncudo

6 abril 2019

Competición deportiva en idade escolar

29 marzo 2019

A contadora Raquel Queizás, nas IV Xornadas de Xénero co seu espectáculo infantil ?Somos iguais?

22 marzo 2019

Os nenos e nenas de infantil e primaria serán os/as destinatarios/as, o venres 22 de marzo, da próxima cita coas Xornadas de Xénero organizadas pola Área de Biblioteca, que dirixe Carlos Penedo Casmartiño. Da man da contadora e actriz Raquel Queizás e os seus ?Contos pola igualdade? achegaremos aos máis pequenos/as da casa historias que pretenden romper cos estereotipos que abundan nos contos clásicos, empregando como únicas ferramentas para o cambio a palabra e a imaxinación.

A partir das 18:30 horas, a Biblioteca Municipal acollerá o espectáculo ?Somos iguais?, un contacontos no que os/as participantes terán a oportunidade de descubrir valores tan importantes como o respecto, a igualdade e a empatía coa finalidade de amosarlles novos referentes e modelos sociais nos que todos/as somos iguais, sen diferenzas de xénero e coa mesma capacidade para sentir e expresar.

E a encargada de facelo será Queliña, a protagonista da historia, unha nena que quere ser aviadora e á que lle gusta vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de princesas rosas e apoucadas e de príncipes azuis e insensibles. E un día dixo: ?BASTA XA!!!?. Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que as nenas e os nenos son iguais: igual de valentes e igual de sensibles. Se queredes comprobalo por vós mesmos/as, mellor será que non vos perdades a cita do próximo venres. Agardámosvos!

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso