Doazón de sangue en Ponteceso
13 setembro 2018Sabías que cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos?
Logralo non sería posible sen o acto altruísta, voluntario e gratuíto de persoas coma ti.
O día 13 de setembro terás a oportunidade de seguir contribuíndo a salvar a vida de milleiros de persoas coa túa solidariedade.
Achégate ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue que estará estacionada na Praza do Recheo de Ponteceso, de 16:30 a 21:00 horas, e dá o tipo.