Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Homenaxe a Castelao e Fernández del Riego

8 de xaneiro

A Biblioteca Municipal en Ponteceso acolle unha actividade coa escritora Concha Blanco. Consistirá na presentación do libro Castelao da A a Z, no centenario do seu falecemento. Posteriormente, alumnos do IES Ponteceso, traballarán sobre a obra, cun obradoiro, impartido pola propia escritora. Ademáis, en conmemoración co centenario do nacemento de Fernández del Riego, os alumnos lerán textos da súa biografía. Ás 10.30h.

Cabalgata de reis

4 e 5 de xaneiro

A continuación podedes consultar o percorrido que os reis magos farán en tren polas parroquias do Concello. Lembrámosvos que o cinco de xaneiro, ás cinco da tarde, haberá unha gran festa de reis para disfrutar con inchables, xogos, chocolate e roscón. Será no pavillón municipal en Ponteceso.

Descargas asociadas

Concilia no nadal

Do 1 de decembro ao 5 de xaneiro

Actividades de conciliación no nadal dirixidas a nenos/as de 4 a 10 anos.

Cine en Ponteceso

3 de xaneiro

Ás 19.00h na Casa da Cultura.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso