Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Día do ritmo

10 de maio

Actuación das escolas de patín e rítmica dos Concellos de Cabana, Laxe, Malpica, Carballo e Ponteceso. Tamén actuará a escola municipal de danza. Ás 18.00h no pavellón municipal en Ponteceso.

Día da biblioteca

23 de abril

Actividade de teatro na Biblioteca Municipal pola mañá para o alumnado do CRA de Ponteceso.

Escola de pais e nais

22 de abril

Nova xornada da escola de pais e nais do Concello de Ponteceso. Todos os interesados poden inscribirse no 981 714 000 ext.51. Será ás 17.30h no Centro Cultural en Ponteceso.

Andainas 2013

20 de abril

Ruta de sendeirismo polos Camiños do Mar. Saída da praza do Recheo ás 10.00h. Inscrición aberta ata o 18 de abril no 981 714 000, preguntar por Javier Couto.

Contacto


Descargas asociadas

Roadshow Movistar Galicia

10 de abril

Unha aula móbil visitará o noso Concello, co obxectivo de trasladar as vantaxes de internet á poboación rural. Estará na Praza do Relleno dende as 09.30h ás 19.00h.

Paseo-exposición de coches clásicos

31 de marzo

Paseo polas parroquias dende as 11.00h ás 12.30h. Exposición na praza da Ribeira (Corme) de 12.30h a 13.30h. Na praza do Relleno (Ponteceso) de 16.00h a 18.00h.

Concurso de pinchos en Ponteceso

30 de marzo

Degusta os mellores pinchos coa túa consumición (en horario de pinchos).

Talleres formativos

Marzo

Achegamos información sobre os obradoiros para o desenvolvemento profesional que o Concello de Ponteceso dirixe a persoas desempregadas e con risco de exclusión social, organizadas pola Concellaría de Servizos Sociais en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, e que se celebrarán na Casa da Cultura en Ponteceso e Casa do Mar en Corme, a partires de marzo. Os interesados/as poden recibir información no Departamento de Servizos Sociais do Concello 981 714 000 ext.3.

Descargas asociadas

Ruta de sendeirismo polo Anllóns

29 de marzo

Ruta de sendeirismo ao carón do Río Anllóns. Saída de Ponteceso ás 10.00h.

Ruta de sendeirismo Os Camiños do mar

28 de marzo

Percorrido pola ruta Os Camiños do Mar. Saída de Ponteceso ás 10.00h. Chegada ás 18.00h. Visitas aos lugares máis interesantes do roteiro. Guiada polo Técnico de Turismo.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso