Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Homenaxe aos regueifeiros do Concello

2 de xuño

Actos de homenaxe aos regueifeiros do Concello, na parroquia de Xornes, onde a regueifa segue hoxe viva.

Clausura das escolas deportivas

1 de xuño

Clausura no pavillón municipal en Ponteceso, das escolas municipais deportivas e da escola municipal de danza. Ás 17.00h.

Descargas asociadas

Clausura das escolas de teatro e música

16 de maio

Os alumnos/as das escolas municipales de teatro e música clausuran o ano de actividade no salón de actos da A.C Monte Branco ás 18.00h. Esta actividade forma parte do programa das Festiletras que se celebrarán dende o 16 ao 20 de maio.

Escola de pais e nais

15 de maio

O día 15 de Maio levarase a cabo o 3º obradoiro da Escola de pais e nais para o curso 2011-2012, titulado: ?Continuamos educando?. O obradoiro celebrarase na Fundación Eduardo Pondal do Couto ás 18:00 horas. Para facilitar a asistencia contarase con actividades e contacontos para atender ós vosos fillos. Os pais e nais interesados neste taller deben apuntarse chamando ó concello ó seguinte número de teléfono: 981 71-40-00 (Ext: 51). Neste teléfono atenderavos a Educadora Familiar.

Día do ritmo

4 de maio

O Concello de Ponteceso participará no Día do Ritmo que terá lugar en Cabana de Bergantiños no pavillón municipal ás 18.00h.

Exposición: As redes o noso traballo

Do 10 ao 30 de abril

No Centro Cultural en Ponteceso, de 10.00h a 13.00h, de luns a venres, poderase visitar a exposición As redes, o noso traballo, da Asociación de redeiras de Corme e Malpica.

Día do libro

23 de abril

Día do libro na biblioteca municipal. Actos programados para ás 11.00h.

Día do patín

20 de abril

A escola municipal de patín participa no encontro que se celebrará no pavillón municipal de Agualada ás 18.00H.

Actividades na semana santa

Do 2 ao 8 de abril

Actividades culturales, turísticas, relixiosas e ecolóxicas durante toda a Semana Santa en Ponteceso e Corme.
Actividades en Ponteceso
Actividades en Corme

Exposición Rosalía Ilustrada

Mes de marzo

A Concellaría de Cultura e a Fundación Rosalía de Castro traen a Ponteceso a exposición Rosalía Ilustrada. Trátase dunha mostra didáctica que recolle 25 poemas de Rosalía de Castro acompañados cada un por unha ilustración feita por artistas galegos que recrean as sensacións que evocan os poemas escollidos de Rosalía de Castro. A exposición que crea unha simbiose entre verso e imaxe permanecerá aberta, até o próximo 30 marzo.

 1  2  3  4  5  6
Concello de Ponteceso