Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Día da muller traballadora

8 de marzo

Como vimos facendo nos últimos anos, este día pola mañá estaremos (coa axuda do voluntariado) na Praza do Relleno para expoñer as fotografías dalgunhas das mulleres traballadoras do noso concello, para recoller as pegadas e frases sobre o tema, tamén repartiremos algún material informativo e pequenos agasallos e degustaremos chocolate quente. De 11.00h a 13.00h.

Doa sangue

24 de febreiro

Dende as 16:00h ás 21.00h, a unidade de transfusión de Galicia, estará instalada en Ponteceso, na Praza do Relleno, para que, se o desexas, poidas doar sangue, que tan necesaria é nos hospitais. É unha boa maneira de sentirte mellor.

Comezo do curso de auxiliar de axuda a domicilio

21 de febreiro

Data de comezo deste curso ao que podes anotarte no Departamento de Educación Familiar, dende o 7 ao 16 de febreiro.

Pleno da corporación

31 de xaneiro

Pleno ordinario da corporación ó que están convocados todos os concelleiros da corporación e veciños que o desexen.
Salón de plenos do Concello de Ponteceso ás 09:00h.

Faite voluntario

Ata o 20 de xaneiro

Colabora coa túa comunidade. Faite voluntario social ou de Protección Civil. Prazo de inscrición ata o 20 de xaneiro, na Oficina de Información Xuvenil (981 714 622) ou no Concello (981 714 000 ext. 18)

 1  2  3  4
Concello de Ponteceso