Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Ciclo de Teatro

Do 5 ao 26 de novembro

CartazCiclo de Teatro do Concello de Ponteceso. Todos os sábados no salón de actos da A.C Monte Branco do Couto ás 22.30h.

Descargas asociadas

Proxección de spots de igualdade

25 de novembro

A Concellaría de Servizos Sociais, a través do Departamento de Educación Familiar, puxo en marcha o proxecto Rec.Apacita que ten como finalidade ofertar un canal atractivo para a mocidade, como é o audiovisual, para fomentar a participación social. Traballaron na elaboración do spot rapaces e rapazas de 4º da ESO do IES Ponteceso. Ás 20.00h no Centro Cultural en Ponteceso.

Escola de pais

24 de novembro

Logo Escola de PaisO Concello organiza a "Escola de pais", que é un grupo de aprendizaxe e reflexión, no que se pretende modificar factores de risco e protección da contorna familiar, para previr condutas de risco mediante a mellora de habilidades educativas e o fortalecemento dos vínculos familiares. Ás 18.00h na Fundación "Eduardo Pondal".
Inscricións:
Nas dependencias xerais do Concello. T: 981 714 000 ext.3.

Encantoscontos

22 de novembro

Unha aventura viaxeira da man de Silvana Martínez e Tamara Lema para festexar na biblioteca municipal de Ponteceso a patroa das persoas que se adican a música. Un percorrido polos pequenos instrumentos de música tradicional que sairán da maleta-baúl da FEP e que farán a ledicia do alumnado da Escola Infantil de Ponteceso a Galiña Azul, ás 12 horas.

Conferencia sobre xuventude

16 de novembro

A OMIX do Concello de Ponteceso, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organiza unha xornada de "Recursos da Xunta de Galicia en materia de Xuventude", dirixida ao alumnado de 4º da ESO, o mércores 16 de novembro de 11:50 a 13:30 h.
Os contidos son:
-Rede galega de información xuvenil
-Rede de espazos xove de dinamización e emancipación xuvenil
-Centros e instalacións xuvenís
-Certames xuvenís
-Promoción de asociacionismo xuvenil
-Apoio aos estudantes
-Carnés para a mocidade
-Programas de formación
-Intercambio xuvenil
-Subvencións

Bibliotolerancia

15 de novembro

O martes 15 de novembro de 17:30h a 19:00h celebramos, na biblioteca municipal en Ponteceso, o ?Día Internacional da Tolerancia? con:
?Exposición de material sobre a tolerancia.
?Lectura teatralizada de contos e representación da obra infantil ?O país dos mandóns? a cargo da escola de teatro de Cabana. Entrada de balde.

Magosto en Corme

4 de novembro

O Concello de Ponteces organiza un magosto na Praza do Pan en Corme. Se chove será na lonxa. Ás 20.00h.

XXI Feira das Fabas

29 de outubro

A Feira das Fabas, que xa vai na súa vixésima primeira edición, é unha cita consolidada no panorama gastronómico bergantiñán e celebrarase no "Campo da Feira" da Trabe en Ponteceso.

125 aniversario do nacemento de Mosqueira Manso

17 de outubro

O vindeiro 17 de outubro conmemoraremos o 125 aniversario do nacemento de José María Mosqueira Manso. O acto será na igrexa parroquial de Corme ás 20.00h.

Descargas asociadas

XXX Aniversario do monolito Pondaliano

Do 28 de agosto ao 4 de setembro

Domingo, 28 agosto. A partir das 12 da mañá: pasarrúas a cargo do grupo Os Terribles de Donas e reparto de tríptico.
Luns, 29 agosto. Pola mañá. No Centro Cultural de Ponteceso: Exposicion ?Terra de Bergantiños? e ?Bibliografía dos escritor@s pontecesáns?. Na Fundación Ricardo Pérez Verdes: Exposición e exhibición de xogos tradicionais. Nas librerías A Pesqueira e A Tenda dos Libros: Exposición e venda de libros de autor@s pontecesáns. Pola tarde. Na sede da Asociación Coto de Almerezo (Campo da Feira da Trabe): Presentación do libro Comarca natural de Bergantiños e sesión gastronómica de xabarín.
Martes, 30 agosto. Ás 7 e media da tarde. Na Praza do Pan de Corme: Jesús Méndez Torrado, ?Lembranza do gaiteiro Calixto dos Maravillas? e actuación dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.
Mércores, 31 agosto. Pola mañá. Por distintos espazos de romarías. Manuel Vilar, Xan Fernández Carrera, Luís Giadás, Jesús Couto e Manuel Caridad, ?A lingua viaxeira. Un percorrido polas romarías da Costa da Morte?.
Xoves, 1 setembro. Ás 8 da tarde. Na igrexa de San Fins de Anllóns. José López, ?Recital de campás?, ?Recitado cívico do poema de Pondal A campana de Anllóns?, ?Estrea da curtametraxe A campana de Anllóns de Dani Puente, que inclúe un recitado do poeta ourensán Eduardo Blanco Amor?, Visionado do vídeo do programa Ben Falado 150 aniversario do poema A campana de Anllóns?. Presenta Cristina Martínez Silvarredonda.
Venres, 2 setembro. Ás 11 da noite. No bar A Eira. Media Ducia, Fol de Veneno e convidad@s (Pedro Lamas, Fransi González de Xiradela, Sonia Reborido, Ito de Arzúa e bailador@s de Raigañas), ?Concerto-presentación do CD de música tradicional A escote?. Visionado fotográfico e videográfico. Presenta Manolo Dourado.
Sábado, 3 setembro. Pola mañá. Por lugares con topónimos pondalianos. Ponteaventura Raid.
Domingo, 4 setembro. De 12 a 14 horas. Polas rúas da ?Pequena Ponteceso?. Roteiro cívico con asistencia de diversos colectivos do concello e animación musical e poética.
ORGANIZAN:Fundación Eduardo Pondal, Concellería de Cultura e colectivos asociativos do concello de Ponteceso.

Descargas asociadas


 1  2  3  4
Concello de Ponteceso