6 de setembro
Operación Triunfo chega a Ponteceso. Concerto onde actuarán entre outros Virginia, Chipper, Manu, Sandra, Pablo, Mimi, Anabel, etc.
Toda a información sobre o evento podedes atopala na web
www.otponteceso.com Cine nas parroquias
21 e 28 de agosto
O Concello organiza varias proxeccións de cine nas seguintes parroquias:
21 de agosto en
Corme.
28 de agosto en
Ponteceso.
Todas as sesións son as
22.30h nos lugares sinalados na carteleira semanal.
Descargas asociadas
23 de agosto
Concerto de música clásica en Corme-Porto.
Será ás 23.00h na Praza do Pan. Correrá a cargo do
cuarteto Moriatov.
Entrada de balde.
Contacto
Curso de informática didáctica para nenos
12, 14, 19 e 21 de agosto
Celebrarase nas aulas de informática municipais de
Corme e Ponteceso. Participan vinte nenas e nenos do concello. Este curso ten como principal obxectivo, ensinarlle ós máis novos as ferramentas máis efectivas para a búsqueda de recursos na web.
Contacto
Xogos de verán
31 de xullo, 18 e 20 de Agosto
Sesión matinal de xogos de verán en Ponteceso e Corme. Será na praza do "Relleno" e Paseo Fluvial en Ponteceso e praza da Ribeira e praia da Arnela en Corme. Destinado a nenos de entre 6 e 12 anos. De 11.00h a 13.00h.
Contacto
Viaxe a Portugal
12, 13 e 14 de Agosto
Dentro do conxunto de
actividades de irmandamento coa Freguesía de Avintes, o Concello de Ponteceso organiza unha viaxe a este concello en Portugal.
A saída será o
martes 12 ás 08:30h horas e o regreso o xoves 14, sobre as 15:00 horas. Dirixido preferentemente nenos nados entre 1993 e 1997.
Contacto
Descargas asociadas
Día da bicicleta en Corme
10 de agosto
Como todos os anos, o Concello de Ponteceso organiza o día da bicicleta en Corme. Sairemos ás
11.00h do peirao.
O regreso será sobre
ás 13.00h ó punto de partida. Sortearemos unha bicicleta entre os participantes e haberá agasallos para todos.
Roteiro de sendeirismo
9 de agosto
O Concello organiza un roteiro de sendeirismo dende Ponteceso á praia de Niñóns. O itinerario será: Ponteceso, Monte Branco, Praia de Balarés, Pedra da Serpe, Froxán, Brantuas ?Monte do Faro, Praia de Niñóns e
volta en autobús.
Sairemos da praza do "Relleno" ás
10.00h.
Descargas asociadas
Teatro en Corme
8 de agosto
O Concello de Ponteceso organiza unha velada de teatro de marionetas na parroquia de Corme-Porto.
Será ás 21.00h na Praza do Pan, e correrá a cargo do grupo
Trécola Teatro.
Contacto
Saídas ó parque acuático de Cerceda
5 e 7 de agosto
O Concello de Ponteceso organiza dúas saídas ó parque acuático de Cerceda.
O 5 de Agosto será para nenos/as de 5 a 12 anos (incluídos). O 7 será para maiores de 12 anos.
Sairemos da igrexa de Corme ás
10.30h,
con paradas en O Couto, Ponteceso, Tella, Bugalleira e Pazos.
Descargas asociadas