ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Cospindo

Galería de fotos

Parroquia de Cospindo


San Tirso de Cospindo

San Tirso de Cospindo
San Tirso de Cospindo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ponteceso con 13,1km2. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 717 habitantes distribuídos en 7 entidades de poboación: Balares (11), Briallo (15), A Brixería (20), Cerezo de Abaixo (38), Couto (197), Curras (32) e Ponteceso (404).

O templo relixioso, que se atopa no lugar de O Couto, posuía unha planta rectangular dunha única nave con cuberta de madeira a dúas augas. Posteriormente, fóronselle engadindo diversas capelas, así coma unha sancristía e un novo altar.

Actualmente a súa planta semella unha cruz latina. Interiormente, os espazos da nave e do presbiterio están delimitados por un arco triunfal, poidéndose destacar, en canto á ornamentación, os retablos característicos do século XVIII e que reproducen modelos bastante habituais nas igrexas da zona. No exterior atopámonos un volume enteiramente de fábrica de pedra regular. A fachada, organizada de forma simétrica, está rematada pola torre campanario realizada con decoración xeométrica, sendo a súa construción de mediados do século XVIII. A igrexa arrodéase dun muro de pedra, tendo un cruceiro frente á porta de entrada.


© by Abertal