Santo André de Tallo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ponteceso cunha superficie de 6,8 km2.
Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 318 habitantes repartidos en 6 entidades de poboación: Bugalleira (104), Casas Novas (59), Pardiñas (67), O Rieiro (10), Tallo (33) e VilaSuso (45).