ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Niñóns

Galería de fotos

Parroquia de Niñóns


Niñóns

San Xoán de Niñóns é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ponteceso. Segundo o padrón municipal de 2009 conta con 171 habitantes (distribuídos en 1 entidade de poboación de 6,2 km2.

San Xoan de Niñóns ocupa o extremo norte do concello, na parte máis angosta do mesmo. Ao norte limita co mar e ao noroeste con Punta Nariga.

A planta da igrexa é de cruz latina, cun anexo no muro septentrional que fai a función de sancristía. Os muros son de carga, e sobre eles apoia unha cuberta a dúas augas. Hai que sinalar a doble altura ante o altar con arco marcando a entrada. Este detalle aparece tamén nas dúas capelas laterais. Dende o exterior pódese observar, ao lado da entrada un arco cego, que podería indicar algún acceso do templo orixinal, como posible comunicación cun convento anexo. A fachada principal destaca pola súa sinxeleza, na que predomina fortemente a función sobre a forma. Realizada en aparello regular, o remate está composto por unha espadana dun só oco, adoledado, e sobre o que se apoia un frontón flanqueado por pináculos.

Praia de Niñóns

Unha das praias máis fermosas coas que conta o Concello de Ponteceso é, sen dúbida, a Praia de Niñóns. Conta con 250m de area fina.

Para chegar a ela dende Ponteceso, tómase a estrada cara a Malpica. Ao chegar ao cruce de A Campara tómase o desvío cara a Corme. Ao chegar á parroquia de Brántuas, existe un desvío cara a Niñóns. Ao chegar a Niñóns existe outro desvío cara á praia.


© by Abertal