ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Pazos

Galería de fotos

Parroquia de Pazos


Rebordáns

San Salvador de Pazos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ponteceso cunha superficie de 5,1km2 repartidos en cinco entidades de poboación. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 474 habitantes distribuídos da siguinte forma: Ameixenda (11), Pazos de Abaixo (254), Pazos de Arriba (159), Rebordáns (40) e As Salgueiras (10).

Na parroquia atópase o coñecido "Pazo de Rebordáns". O pazo de Rebordáns foi alterado polos actuais propietarios na súa traza orixinal para adaptalo a fins rurais. A planta tiña forma de "L" pero engadíronlle outro corpo perpendicularmente facendo variar a tipoloxía. As fachadas tamén sufriron diversas e desafortunadas intervencións e nelas poden aparecer nun mesmo plano a cachotaría e a cantaría, zonas recebadas máis o ladrillo, cunha falta de criterio moi evidente. A cuberta é a dúas augas e a catro augas de tella curva tendo dous pináculos coroando os cumes. O pazo fundouno no ano 1643 don Julián Rodríguez de Añón, segundo aparece nunha inscrición nun lintel dunha das portas. Na parte traseira da vivenda hai uns restos pétreos nos que se pode ler "año 1658", sen tener una referencia clara á que identificala.


© by Abertal