Dende tempos antigos o mar de Corme e o seu porto foron motores de desenvolvemento da vila nas distintas actividades relacionadas co mar. Na actualidade, a pesca e o marisqueo son as actividades máis importantes, sobre todo do percebe.
O percebe e o ourizo son as especies máis importantes na lonxa de Corme, ademais do polbo, da nécora, do congrio e do xurelo.
Corme é berce de mariñeiros ilustres coma:
· Francisco Mourelle de la Rúa, Xeneral da armada e explorador da costa pacífica
· José María Mosqueira Manso, ocenógrafo e escritor
· Francisco Fernández Saleta, mariñeiro preferente