ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Brantuas

Galería de fotos

Parroquia de Brantuas


A Torre do Faro, coa ermida de Monte Faro ao fondo

O monte do Faro está situado a 231 metros de altura, na parroquia de San Xián de Brántuas. O seu nome fálanos sobre a súa función de antigo faro onde se acendían fachos para guiar os barcos no mar ou avisar da chegada dunha frota inimiga.

Capela da Nosa Señora do Faro
Coa chegada da relixíon cristiá a Galicia, cristinanízanse os lugares altos con antigos cultos pagáns onde se manteñen tamén ritos ancestrais e crenzas tradicionais dos pescadores. Neste lugar existía un costume ou ritual practicado polas mulleres dos mariñeiros chamado ?virar a tella? que se mantivo coas embarcacións de vela e empezou a decaer coa chegada dos barcos a motor. Consistía en virar unha tella da capela para que cambiase o vento ou parase a choiva cando había temporal e collía aos mariñeiros pescando para que poidesen chegar a porto sans e salvos.

A Virxe ofrécelle protección aos mariñeiros e goza de gran tradición e devoción. Celébrase unha romaría o día 8 de setembro, cando a imaxe da Virxe sae en procesión desde a igrexa parroquial de S. Xián de Brántuas ata esta ermida. Os romeiros deixan os panos que utilizaron para lavar as verrugas e outras partes do corpo na fonte.

Imos xunto a Virxe
do Monte do Faro
que nos mande o vento
para que chegue o barco

Nosa Señora do Faro
está no alto, fai que dorme
mais Ela ben veu pasar
aos mariñeiros de Corme

O monumento O Sagrado Corazón de Xesús
Inaugurado en 1959, foi custeado polo emigrante D. Ricardo Pose Ourens, nado en Bénatuas. Esta torre ten unha altura de 39 metros. Desde o alto, ao que se accede por unha escaleira en caracol de 133 chanzos, podemos contemplar impresionantes vistas deste tramo da Costa da Morte, salpicados de faros que guían aos mariñeiros.


© by Abertal