ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Río Anllóns

Galería de fotos

O río Anllóns


O río Anllóns

Nas ribeiras do Río Anllóns medra unha estreita banda de árbores que forman os bosques da ribeira. Cumpren un papel ecolóxico fundamental para axudar a conservar os nosos ríos e a súa diversa flora e fauna. Estes bosques tamén diversifican a paisaxe, ofrécenos distintos aproveitamentos e servizos, filtran as augas contaminantes e forman un corredor natural que facilita a dispersión de especies.

No río existe moita diversidade de vida, interrelacionada e sustentada polo bosque de ribeira. Todas estas especies teñen unha importante función no ecosistema, asegurando o seu equilibrio.

Tira o lixo nos colectores, aforra e non contamines a auga e axudarás a conservar o río.


© by Abertal