Francisco Mourelle de la Rua (1.750-1.820) natural de San Adrián de Corme, foi un famoso navegante español do s. XVIII. Dende novo sentiu moi dentro a chamada do mar pero a exigua fortuna paterna non lle permitiu ingresar na gaditana Real Compañía de Guardiamarinas e houbo de conformarse con ingresar na Academia de Pilotos do Ferrol en 1763. En 1766 obtén o seu título de piloto.
En 1772 sae para a illa Trinidad como segundo piloto da corveta "Dolores". En xaneiro de 1775 é nomeado primeiro piloto do porto de San Blas en México, punto de partida para os recoñecementos hidrográficos españois en Alta California. Ali coñece a Juan Francisco Bodega con quen fará un excelente binomio, con quen navega a partir de 1775 explorando a costa de California e tomando posesión do porto da Trinidad, a rada de Bucarelli e o porto dos Remedios entre outros puntos.
En 1779 embarca na fragata "Favorita" como segundo oficial. O mando exérceo Bodega. A súa misión é chegar á máxima altura posible das costas de Alasca. Nela chegaron ao cabo Santo Elias onde se alza o monte do mesmo nome a 5.500 metros, o segundo mais alto de Estados Unidos, chegando a alcanzar máis tarde a latitude de 60º 13' na illa que eles bautizan como Porto de Santiago tomando posesión para a Coroa, recibindo a visita dos naturais, os chamados umiaks de raza esquimó. Aínda que a súa intención era chegar ata Siberia, pero fortes temporais obligaronlles a regresar, sendo destinado a Manila posteriormente.
En setembro de 1780 o gobernador de Filipinas Jose Basco e Vargas confioulle o mando da fragata "Princesa" e ordénalle levar certos documentos importantes para o vicerrei de Mexico. Durante esta viaxe atravesará o oceano Pacífico descubrindo numerosas illas na zona das illas Salomon como a Isla Ermitaño, o nome da cal perdura e outras illas que o chamou San Francisco, San Jose e Santo Antonio Antonio pero que hoxe se chaman Simberi, Mabua, Tabar entre outras. O seu descubrimento mais importante foi o do grupo das Vavao no arquipélago de Tonga. Alí tivo ocasión de coñecer un numeroso grupo de insulares que viron por primeira vez ao home branco. Os indíxenas das illas mantiveron grande amizade con Mourelle. Os españois estiveron un mes neste paradisíaco lugar, sen ningun incidente cos indíxenas. As súas descricións deste pobo fannos recordar invariablemente a famosa película de Marlon Brando sobre o motín da Bounty e outras similares. Segundo o historiador norteamericao Donald C. Cutter "as súas relacións e mapas relativos a esta expedición colócanlle á mesma altura que os capitáns Cook, Bougainville, Malaspina e La Pérouse nas exploracións do Pacífico ".
Visitou Canton en China en 1786 e 1787. Pero é menos coñecida a súa faceta puramente militar cando a partir de 1797 exerceu o mando das lanchas cañoner do apostadero de Algeciras levando a cabo numerosas accións de mérito. Por exemplo o 3 de decembro de 1797 participa nun combate de 7 canoneiras contra un convoi inglés protexido por 3 fragatas con apresamento do Bergantin corsario "Prince William".