Para achegarnos a Ponteceso tomaremos coma punto de partida Carballo, a 33 kilómetros da Coruña pola C-552 e a 45 de Santiago. En Carballo seguiremos a LC-412 en dirección a Malpica ata Buño (9,5 kilómetros), onde nos desviaremos pola LC-422 ata Ponteceso. A distancia total dende A Coruña é de 54 kilómetros e dende Santiago, 66 kilómetros. Da capital municipal sae a LC-424, de grande interese turístico, cara a Corme. Pasa preto da praia de Balarés e do monumento motivo na honra da Nosa Señora do Faro, para baixar logo por Corme Aldea ata Corme Porto.
Outra estrada de pintoresco percorrido é a que une Ponteceso con Malpica (LC-430), e tamén a que se dirixe por Cabana a Laxe (LC-431) bordeando a costa da ría. Cara a C-552, da Coruña a Fisterra, sube a LC-423 de percorrido accidentado por frondosas paisaxes para empalmar con ela en Agrilloi (Agualada).
Os aeroportos internacionais de Galicia (Alvedro - A Coruña, Lavacolla - Santiago de Compostela e Peinador ? Vigo) comunícanse nunca moderna autoestrada e rede de estradas que facilita a chegada ao Concello de Ponteceso. Igualmente, existen boas comunicacións ao Concello en liñas de autobús desde Carballo, con frecuentes conexións desde A Coruña e Santiago de Compostela.
Localización de Ponteceso en Google Maps >>