ponteceso turismo

Turismo :: Feiras e festas

Feiras e festas

Festas

Cartel da Festa do Percebe

As festas do Concello de Ponteceso disfrútanse durante todo o ano en todas as parroquias, cunha riqueza e variedade significativa que inclúe celebracións gastronómicas, festividades relixiosas, eventos deportivos e culturais, sen esquecer as romarías e concertos musicais con artistas locais, rexionais, nacionais ou internacionais.

Talvez a festa que goza de maior popularidade sexa a Festa do Percebe do Roncudo de Corme, de fama e repercusión nacional e internacional, onde lugareños e turistas mestúranse para saborear este manxar. As oportunidades de festa e ledicia esperan ao visitante cunha oferta de modernidade e tradición.

No concello tamén se celebran diversos actos socio-culturais ao longo de todo o ano como son: o Festival de Habaneras de Corme, a Conmemoración das Letras Galegas , as actividades para os rapaces: maxia, teatro infantil?, as representacións de cine, de danza, o Ciclo de teatro de Ponteceso, as Rutas cicloturísticas, excursións, encontros de bandas de música ...


Directorio de festas
Festa popular

Ademais, o Concello de Ponteceso está irmandado coa Freguesía de Avintes (Portugal). Ao longo do ano, son numerosas as actividades coas que os habitantes de ambos Concellos estreitan os seus lazos turísticos, culturais, deportivos, económicos e humanos. Ambos Concellos teñen rúas dedicadas ao seu Concello irmán, e representacións dos rapaces de Ponteceso visitan regularmente aos seus irmáns de Avintes, establecendo boas oportunidades de amizade e desenrolo persoal.



No verán, cada representación local asiste a diversos actos de intercambio cultural, como teatro e música. No mes de Agosto celébrase o Trofeo do Irmandamento de Fútbol, entre o equipo de Avintes e un dos equipos do Concello, o Ponteceso C.F. ou o Corme C.F., que van rotando a súa participación.

Días de feira

O mercado é unha actividade moi concorrida na zona e as principais feiras son a Feira da Trabe, que se celebra todos os sábados, e a Feira de Corme que ten lugar todos os venres.

© by Abertal