Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  15-10-2015

Expte 6/2015. Proxecto de renovación das instalacións de alumeado público exterior no termo municipal de Ponteceso - ILE 2015
Publicado en: Outros o 00-00-0000
Importe: 46364,78
Data de inicio:
Presentación:
As tres empresas invitadas á licitación foron:
Jesús Ramón Quintáns Romero, Grupo Mariño Obras y Servicios S.L. e a Empresa Rofaya S.L.

Data de apertura de plicas:31 de agosto de 2015,16 de setembro de 2015 e 30 de setembro de 2015.
Adxudicado:
información de alcaldía:
1 O día 14 de agosto de 2015 por resolución nº 332/2015 resolvín, avocadas as competencias, aprobar o proxecto ILE 2015 ? proxecto de renovación das instalacións de alumeado público exterior existentes cun orzamento de 46364,78? e aprobar o expediente de contratación do contrato mixto de subministro e obra.
2 O día 31 de agosto de 2015 resolvín con carácter xeral avocar as competencias na tramitación deste expediente de contratación (resolución 362/2015)
3 O 31 de agosto de 2015 en acto de apertura dos sobres A por esta alcaldía ante a Secretaria accidental e a Interventora, acordouse remitirlle a documentación ao Técnico municipal para que informase sobre a idoneidade de medios suficientes para garantir a execución do contrato, segundo a documentación presentada polas empresas participantes que eran JESÚS RAMÓN QUINTÁNS ROMERO, GRUPO MARIÑO OBRAS Y SERVICIOS S.L. E A EMPRESA ROFAYA S.L.
4 A empresa GRUPO MARIÑO OBRAS Y SERVICIOS S.L. presentou toda a documentación completa, a empresa ROFAYA SL. presentou a documentación defectuosa e se lle requiriu para a súa subsanación, e a empresa JESÚS RAMÓN QUINTÁNS ROMERO informou o técnico municipal en data 31 de agosto de 2015 que non reúne as condicións mínimas que acrediten a suficiente solvencia para a realización e execución das obras necesarias.
ROFAYA S.L. subsanou a documentación requerida
5 O día 16.09.2015 esta alcaldía declarou válidas a documentación do sobre A das empresas GRUPO MARIÑO OBRAS Y SERVICIOS S.L. e ROFAYA S.L. e remitir a documentación dos sobre B de ambas empresas ao Técnico municipal para a súa valoración.
A empresa JESÚS RAMÓN QUINTÁNS ROMERO queda excluída da licitación en base ao informe do Técnico municipal de 31.08.2015
6 O día 18.09.2015 o técnico municipal valorou os sobres B e informou o seguinte:
GRUPO MARIÑO:
Programa de traballo: 2 puntos





Plan de control de calidade: 2 puntos
Ampliación do plazo de garantía: 3 puntos (aumenta a 3 anos)
Prazo de execución: 0 puntos- non o reduce
TOTAL: 7 puntos
ROFAYA S.L.:
Programa de traballo: 0.5 puntos
Plan de control de calidade: 2 puntos
Ampliación do plazo de garantía: 0 puntos
Prazo de execución: 0 puntos- non o reduce
7 Con base no anterior e avocadas xa as competencias o 31.08.2015 co nº de resolución 362/2015 resolvín comunicarlle á empresa Grupo Mariño Obras y Servicios S.L. e ROFAYA S.L. o relativo á puntuación obtida pola valoración do Técnico municipal no sobre B (referencias técnicas) de 7 puntos e 2.5 puntos respectivamente (segundo se desprende do corpo desta Resolución) para que manifestasen no caso de 3 días naturais a súa ratificación ou melloras nalgúns dos epígrafes valorados. No caso de que non se presentase ninguna documentación no prazo de 3 días naturais entenderase que a empresa ratifícase no presentado e xa valorado provisionalmente, pasando esta puntuación neste apartado a ser definitiva. O mesmo no caso de que se ratificasen expresamente. De presentar melloras, efectuaríase unha nova valoración (xa con carácter definitivo) por parte do Técnico municipal.
8 Notificoúselle igualmente a JESÚS RAMÓN QUINTÁNS ROMERO a súa exclusión da licitación en base ao informe do Técnico municipal de 31.08.2015, do que se lle acompaña copia
9 A empresa GRUPO MARIÑO S.L. recibiu a notificación o día 23 de setembro de 2015 non presentando no prazo outorgado ningunha documentación por rexistro de entrada ( elevase a definitiva a puntuación ata entón provisional)
10 A empresa ROFAYA S.L. recibiu a notificación o día 28 de setembro de 2015, presentando o día 30 de setembro de 2015 co nº 2958 de rexistro de entrada un fax polo que comunica que ratifica a oferta presentada no su día (elevase a definitiva a puntuación ata entón provisional)
11 O día 30 de setembro de 2015 procedeuse á apertura dos sobres C por min ante a Secretaria municipal resultando o seguinte:
.- GRUPO MARIÑO OBRAS E SERVICIOS S.L.: 38105,17?+IVE: 46107,25? ( baixa de 257,53?
Puntuación global: 7 puntos sobre B + 1.33 sobre C
.- ROFAYA : 38318+IVE: 46364.78? - consta erro en cifra numérica por poner 46374.78?. acéptase o prezo por ser evidente o erro tipográfico e figurar de forma correcta en letra a cantidade
Puntuación global: 2.5 puntos sobre B +0 sobre C: 2.5 puntos






12 Así, o día 30 de setembro resolvin comunicarlle VÍA FAX pola premura na negociación e na execución do contrato á empresa GRUPO MARIÑO OBRAS E SERVICIOS S.L. o relativo á puntuación obtida pola valoración do Técnico municipal no sobre C (oferta económica) de 1.33 puntos e 0 puntos respectivamente (segundo se desprende do corpo desta Resolución) para que manifestasen no caso de 3 días naturais a súa ratificación ou melloras nalgúns dos epígrafes valorados. No caso de que non presentasen ningunha documentación no prazo de 3 días naturais entenderíase que a empresa se ratificaba no presentado e xa valorado provisionalmente, pasando esta puntuación neste apartado a ser definitiva. O mesmo no caso de que se ratifiquen expresamente. De presentar melloras, efectuaríase unha nova valoración (xa con carácter definitivo) por parte do Técnico municipal.
13 O día 30 de setembro a notificación da resolución lle foi entregada a GRUPO MARIÑO OBRAS E SERVIZOS S.L. e o día 5 de outubro co nº 3020 de rexistro de entrada presentaron un escrito de ratificación da oferta.
O día 30 de setembro de 2015 lle foi notificada vía fax a resolución a ROFAYA, remitindo o día 2 de outubro de 2015 un fax no que fai constar que se ratifica na oferta presentada
14 Con base no anterior resolvín o día 5 de outubro de 2015 comunicarlle á empresa GRUPO MARIÑO OBRAS E SERVIZOS S.L. que a súa oferta é considerada polo órgano de contratación a oferta económicamente mais ventaxosa, polo que debería presentar ante esta Administración a documentación relativa á garantía definitiva (1915,9? )e a que acreditase que se atopaba ó corrente nas súas obrigas coa Facenda Pública e a Seguridade Social.
15 O día 6 de outubro de 2015 co nº 3045 de rexistro de entrada a empresa GRUPO MARIÑO OBRAS E SERVIZOS S.L. presentou a documentación esixida
Con base no anterior resolvín o 7 de outubro na resolución 436 adxudicar o contrato mixto de subministro e obra, calificado como de subministro á empresa GRUPO MARIÑO OBRAS E SERVIZOS S.L.- PROXECTO DE RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR EXPTE 6/2015 con domicilio social en Polígono Industrial de Ponteceso, parcela C17- Ponteceso, conforme a seguinte oferta presentada:
GRUPO MARIÑO:
Programa de traballo: 2 puntos
Plan de control de calidade: 2 puntos
Ampliación do plazo de garantía: 3 puntos (aumenta a 3 anos)
Prazo de execución: 0 puntos- non o reduce






TOTAL: 7 puntos
.- Oferta económica .: 38105,17?+IVE: 46107,25? ( baixa de 257,53?), puntos:1.33 puntos
Total: 8.33 puntos


O día 8 de outubro de 2015 asinouse o contrato entre o Concello de Ponteceso e a empresa Grupo Mariño Obras Y Servicios S.L.

NESTE PROCEDEMENTO NON EXISTIU MESA DE CONTRATACIÓN
Concello de Ponteceso